O delegado do Goberno e o presidente da Confederación supervisan as obras de mellora da contorna das Cunchas, nas zonas de Bande e Muiños (Ourense)

Visita Muiños

O obxecto deste proxecto é mellorar, potenciar e pór en valor os importantes elementos naturais, arqueolóxicos e patrimoniais presentes nesta zona

Estes traballos, cuxo grao de execución supera o 50%, suporán un investimento de máis de 800.000 euros

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), intensifica os traballos de mellora da calidade das augas e recuperación ambiental da contorna do encoro das Cunchas, nos concellos ourensáns de Bande e Muiños.

Esta mañá, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, comprobaron a boa marcha dos traballos, acompañados polos alcaldes de Muiños e Bande, Plácido Álvarez e José Antonio Armada, respectivamente, polo presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o delegado Territorial de Xunta, Rogelio Martínez, entre outras autoridades.

O obxectivo deste proxecto é continuar os traballos de mellora do Encoro das Cunchas e a súa contorna, colaborando na posta en valor da zona e tentando paliar a problemática específica de cada un dos emprazamentos, con claros criterios ambientais e sendo moi respectuosos co valioso patrimonio ambiental no que se enmarcan.

?Con este proxecto tratamos de manter e promover as actividades ligadas ao lecer xuvenil e familiar que puidesen verse prexudicadas polos episodios de contaminación do encoro, tratando de mellorar, valorizar e potenciar os importantes elementos naturais, arqueolóxicos e patrimoniais presentes na zona?, explicou Francisco Marín, presidente da CHMS.

ACTUACIÓNS DE MELLORA DA CONTORNA DO ENCORO

As actuacións programadas atópanse ao 52% de execución, estando finalizadas as situadas en Vos Baños (Bande) e en execución as proxectadas no Corgo (Muiños).

Na contorna dos mananciais termais de Bande, realizouse o acondicionamento dunha zona de 3.500m2, para a utilización dunha única poza que se atopaba cuberta de terra e vexetación, na que se procedeu á retirada da capa superficial e adaptouse para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

 

15-03-10-NOTA-Visita-Bande-Muinos-Ourense3

Tamén se aproveitou un regacho existente para crear unha poza de auga fría, no centro do regacho, entre a poza quente e a saída ao encoro das Cunchas, que se delimitou con pequenos muros revestidos con pedra e con laxas de granito no fondo.

Estas actuacións completáronse co acondicionamento da zona de aparcadoiro, plantación de vexetación e arboledo de ribeira para protexer a área de Dominio Público Hidráulico e paneis interpretativos con información da importancia cultural e histórica da contorna no que se enmarca a actuación.

Por outra banda, no concello de Muiños, trabállase en zona de baño situada na parcela de municipal próxima ao cámping e aos apartamentos turísticos, co ánimo de realizar actuacións que faciliten a continuidade das actividades de baño e lecer xuvenil e familiar que se desenvolven no propio encoro.

15-03-10-NOTA-Visita-Bande-Muinos-Ourense4

Para iso, está a executarse unha piscina grande, de superficie total de lámina de auga de 237,90m2 e profundidade variable entre 1m e 1,40m., destinada a ser utilizada para o deporte escolar e recreativo, o ensino da natación, adestramento e competición do deporte federativo de niveis básicos. E outra piscina, máis pequena, de superficie de 51,17m2, con forma irregular para adaptarse ás características da contorna. Construiranse ademais, como instalacións auxiliares, dous edificios para vestiarios.

MELLORA DA CALIDADE DAS AUGAS

O proxecto contempla, ademais, unha actuación sobre a masa de auga do encoro, co ánimo de mellorar as súas condicións de calidade. Para iso colocaranse illas vexetais, acoutando as principais zonas de baño e a entrada de auga do río Limia ao propio encoro, todo iso para captar parte do nitróxeno e do fósforo presente na auga aproveitándoo para o seu propio desenvolvemento, reducindo, por tanto, a presenza no interior das zonas de baño.

Este sistema de illas vexetais está composto por estruturas alveolares flotantes de polietileno reciclado, ancoradas ao fondo por gaviones tubulares de rede de poliestireno ou outro material non degradable, rechea de pedras. Na estrutura alveolar implantaranse especies vexetais non invasivas como juncos ou carrizo, estruturado con fibra de coco con helófitos.

INVESTIMENTO

Estas actuacións, que supoñen un investimento de 802.372,68 ?, serán financiadas nun 80% a través de fondos europeos e o 20% restante polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da CHMS. Os Concellos de Bande e de Muiños encargáronse de pór os terreos a disposición da Confederación para a execución das obras.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.