O proxecto europeo LIFE Regenera Limia poñerá en marcha unha vintena de actuacións para mellorar a conca do río Limia (Ourense)

Regenera Limia

Investiranse máis de dous millóns de euros para recuperar a calidade ambiental do río Limia ao seu paso por esta bisbarra

Vaise desenvolver, durante os próximos tres anos, catro bloques de actuación que contribuirán a reducir a presenza de nutrientes na conca

Contémplanse ademais accións formativas destinadas ás empresas do sector agrogandeiro e ao público en xeral

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, investirá dous millóns de euros na posta en marcha do proxecto LIFE Regenera Limia, que nace co obxectivo de recuperar a calidade ambiental do río Limia ao seu paso por esta bisbarra de Ourense mediante máis dunha vintena de actuacións.

Este proxecto, que foi elixido o ano pasado pola Comisión Europea de entre preto de 1.500 candidaturas, pretende aplicar un conxunto de medidas preventivas e de rexeneración para reducir os nutrientes de orixe gandeira nas masas de auga da conca do río Limia, co obxectivo de cumprir cos obxectivos ambientais que establece a Directiva Marco da Auga e a normativa de transposición á lexislación española.

15-02-05-CHMS-jornada-lanzamiento-programa-LIFE-REGENERA-LIMIA3

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu hoxe unha xornada aberta ao público no que os socios do proxecto explicaron as diferentes técnicas que se utilizarán para mellorar a conca do río.

ACCIÓNS CONCRETAS

En concreto, presentáronse un conxunto de 26 accións, divididas en catro grandes bloques de actuación, entre as que destaca o desenvolvemento de solucións alternativas para a xestión dos residuos gandeiros destinadas a reducir o seu impacto no medio a través de brañas artificiais intensivas de macrófitos. Trátase de crear un sistema de lagunaje artificial como proxecto piloto de tratamento de zurros de porcino por medio de métodos naturais de depuración.

15-02-05-CHMS-jornada-lanzamiento-programa-LIFE-REGENERA-LIMIA2

Ao mesmo tempo, considérase a creación e posta en marcha dun Sistema de Control Integrado de xestión de fertilizantes e aboamentos en chans agrarios que permita un emprego máis eficiente destes, reducindo as achegas difusas de nutrientes ás augas.

Está previsto tamén a reconversión das antigas explotacións mineiras de extracción de area na Canle de Antela nun sistema lagunar de pozas que potencien a capacidade de depuración natural do curso fluvial e que contribúa á recuperación de espazos húmidos na ZEPA da Limia.

Tamén se levará a cabo a recuperación ambiental das canles fluviais modificadas e a rexeneración e reconexión de sistemas lagunares para reducir a presenza de nutrientes na auga e a eutrofización, á vez que se recuperarán os ecosistemas locais de especial transcendencia en espazos incluídos na Rede Natura 2000.

Coa posta en marcha destas actuacións se espera que unha vez que finalice o proxecto, que terá unha duración de tres anos, se reducise non só a concentración de nutrientes na auga, senón tamén nun 30% o uso de fertilizantes, nun 50% o de aboamentos e que haxa un 40% menos de gases de efecto invernadoiro.

ACCIÓNS DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN

O programa contempla tamén accións de formación e información aos sectores de máis afectados, estando prevista a participación de aproximadamente un millar de persoas no conxunto actuacións previstas.

No proxecto, cofinanciado polo programa LIFE da Unión Europea, participan como socios beneficiarios a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas-, a Deputación Provincial de Ourense, o Inorde, a empresa Eco-Lagoas e o sector gandeiro, así como Gas Natural como colaborador financeiro.

Toda a información do proxecto está dispoñible na web www.regeneralimia.org e a través das redes sociais Facebook e Twitter.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.