O presidente da CHMS, o subdelegado do Goberno en Lugo e o alcalde de Guitiriz, comprobaron esta mañá o resultado das actuacións xa finalizadas
Os traballos realizados sitúanse na denominada "Ruta da Auga", da que forman parte o río Parga e os seus afluentes
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, finaliza os traballos de restauración e mellora da capacidade de desaugadoiro dos ríos Parga e afluentes, que discorren polo Concello de Guitiriz (Lugo).
Esta mañá o presidente deste organismo de conca, Francisco Marín, acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e o alcalde de Guitiriz, Xosé Mª Teixido, visitaron a zona de actuación e comprobaron o resultado das actuacións desenvolvidas.
Os traballos consistiron na talla e retirada das árbores caídas, secas ou enfermas, na roza de ambas as dúas marxes para eliminar a vexetación herbácea e arbustiva invasora, así como na poda da vexetación de paso que impedía o acceso e tránsito polas ribeiras, todo iso para aumentar a capacidade de desaugadoiro do propio río e para evitar que a vexetación provoque tapóns nas infraestruturas de paso.
Por outra parte, para dar solución ao derrubamento e erosión de marxes, realizáronse técnicas de bioingeniería, utilizando malla de coco e entrelazado de ramas vivas de salgueiro entre unhas estacas cravadas firmemente ao leito do río, que axudan na estabilización e protección do noiro a longo prazo.
Estas actuacións completáronse coa retirada de carrexos, sedimentos e residuos de distinta natureza acumulados en canle e marxes co ánimo de evitar inundacións e avenidas en momentos de intenso caudal.
As actuacións realizadas sitúanse na "Ruta da Auga" de Guitiriz e abranguen un tramo de máis de 9 quilómetros de canle. O total de investimento neste concello supera os 90.000 euros.