
O obxectivo destas actuacións é mellorar da capacidade de desaugadoiro da canle para evitar inundacións e avenidas en momentos de intenso caudal
Unha brigada composta por 6 operarios traballará durante dous meses en máis de 4,5 quilómetros de río
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, iniciou as actuacións de limpeza e restauración hidrolóxico-forestal do río Arnoia, ao seu paso por Arnuide- Vilar de Barrio (Ourense).
O obxectivo destas actuacións é mellorar a capacidade de desaugadoiro do río que, neste momento, presenta un gran desenvolvemento de vexetación arbórea e arbustiva, con presenza dun gran número de árbores secas e acumulación de arrastres nas pontes minorando, por iso, a sección da canle e provocando continuos tapóns.
A programación dos traballos realizouse atendendo á problemática concreta da zona e para iso realizaranse tratamentos silvícolas, mediante rozas puntuais da vexetación existente eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada nalgunhas zonas, co ánimo de mellorar a capacidade de desaugadoiro e a banda de vexetación, tanto en densidade coma en estrutura.
Programáronse, ademais, podas selectivas sobre o estrato arbóreo, apeando os pés claramente dominados ou decrépitos, respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas e procederase á retirada manual ou mecanizada de árbores caídas e susceptibles de caer ao leito do río, que puidesen obstruír a canle e provocar desbordamentos ou erosión dos noiros.
Os restos de vexetación retiradas, serán triturados "in situ", salvo os máis grosos que se ofrecerán aos veciños para uso doméstico ou, no seu caso, serán transportados a un vertedoiro autorizado. Por outra parte a acumulación de lixo e residuos sólidos urbanos serán transportados a un vertedoiro ou entregados a un xestor autorizado
Estas actuacións, cuxa duración se estima en 2 mes, son realizadas por unha brigada composta por unha cuadrilla forestal de 6 operarios (1 capataz forestal e 5 peóns especialistas), que realizasen o seu labor fundamentalmente por medios manuais e coa maquinaria axeitada, compatible coa zona de actuación.
A lonxitude do tramo a actuar abrangue 4,5km de canle, discorrendo parcialmente por zona urbana, e o investimento previsto supera os 50.000 euros.