A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licita o arrendamento do terreo Chá, situada en Bóveda- Lugo, para uso agropecuario

Terra Cha Bóveda

Este terreo dispón dunha superficie de 30,54hectáreas e o arrendamento será por 10 anos prorrogables

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA, licitou no BOE de onte, o arrendamento do terreo denominado Chá, de titularidade estatal, para uso agropecuario, por un importe mínimo de 3.756,83 Euros. Este terreo está situado no municipio de Bóveda (Lugo) e ten unha extensión de 30,54 hectáreas.

O terreo Chá é un ben de dominio público, que dada a súa superficie, morfoloxía e situación, dominada polas canles de regadío do Val de Lemos, se considera moi apropiada para a súa explotación agropecuaria, e que na actualidade non está en uso, por iso, dende o MAGRAMA ofrécese a posibilidade de aproveitamento destes terreos aos agricultores ou gandeiros profesionais que así o soliciten, de tal maneira que poidan aumentar a base territorial das súas explotacións coa conseguinte redución de custos.

O arrendamento licítase por un prazo de 10 anos prorrogables por outros dez, tempo abondo para que o adxudicatario do arrendamento poida desenvolver plans de mellora da súa explotación.

O prazo para presentación de ofertas é de 30 días naturais, a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOE, e a presentación destas ha de levarse a cabo no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais do organismo de conca, situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.