A CHMS e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinan un convenio de colaboración para que dous titulados de FP realicen prácticas no laboratorio da comisaría de augas de Ourense

Convenio colaboración Formación Profesional Xunta-CHMS

Neste proxecto o organismo de conca inverterá 20.000euros
O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense seleccionará aos bolseiros de entre os que finalizasen o ciclo de grao superior de Saúde Ambiental.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñoz, asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do cal dous titulados de Formación Profesional realizarán prácticas no laboratorio da Comisaría de Augas de Ourense.

É o xeito de promover que os estudantes de FP coñezan o funcionamento dos centros de traballo real, o que facilitará a súa posterior entrada no mundo laboral.

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel seleccionará aos bolseiros de entre os que finalizasen o ciclo de grao superior de Saúde Ambiental. O período de prácticas terá unha duración dun ano, e será remunerado a través dun sistema de bolsas, polo que os beneficiarios non suplirán en ningún caso ningún traballador no Laboratorio de Análise, Control e Calidade das Augas da citada Comisaría.

14-06-17-convenio-CHMS-CONSELLERIA-EDUCACION

A CHMS outorgará unha subvención á Consellería de 20.000 euros para a convocatoria destas 2 bolsas de formación, que serán xestionadas a través do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel. Neste sentido o conselleiro agradeceu a colaboración da Confederación e o seu interese en participar na formación de expertos en materia ambiental. Estou seguro de que tras este período de prácticas estaremos diante de 2 profesionais perfectamente cualificados para desenvolver os labores que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten encomendados no terreo do seguimento e control de calidade das augas".

14-06-17-convenio-CHMS-CONSELLERIA-EDUCACION2

A idea dunha formación de calidade é a clave na consecución de profesionais cualificados que poidan desenvolver o seu labor con rigor e profesionalidade, por iso, dende o organismo que presido, no últimos anos recibimos alumnos en prácticas para períodos de 3 meses, ampliando agora este período a 1 ano, co ánimo de continuar e mellorar nesta liña, engadiu Francisco Marín.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.