O Goberno autoriza as obras de emerxencia para reparar os danos provocados polos temporais na bisbarra do Bierzo (León)

Os traballos, por un importe de máis de 5,3 millóns de euros, están destinados a reparar e remodelar o vertedoiro mergullado da presa de Bárcena (Ponferrada) e a solucionar os danos ocasionados polas chuvias no tramo alto do colector interceptor xeral do río Burbia (Baixo Bierzo)

O Consello de Ministros acordou hoxe, por proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a toma de razón das obras de emerxencia destinadas a reparar os danos ocasionados polos temporais rexistrados entre finais de 2013 e nos primeiros meses deste ano na bisbarra do Bierzo (León), por un importe de máis de 5,3 millóns de euros.

Desta cantidade, 4,8 millóns de euros foron destinados á reparación e remodelación do vertedoiro mergullado da presa de Bárcena (Ponferrada), mentres que os 560.000 euros restantes se están a investir na reparación do colector xeral do río Burbia.

O vertedoiro mergullado da presa de Bárcena constitúe o principal órgano de desaugadoiro da presa, e está controlado por unha comporta que resulto danada e que está a ser reparada con esta actuación.

A segunda actuación aprobada vai dirixida a emendar os danos ocasionados pola entrada masiva de auga no colector interceptor xeral do río Burbia a consecuencia das copiosas chuvias.

A auga provocou danos moi graves na canalización, que terá que repoñerse nun tramo de 3,5 quilómetros para que o colector poida seguir prestando o servizo de saneamento na zona.

Nos dous meses transcorridos entre o 15 de decembro de 2013 e o 15 de febreiro de 2014 rexistráronse un total de 25 temporais de vento e chuvias na zona noroeste do país, que afectaron de forma especialmente importante ao territorio da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, provocando importantes enchentes en todos os ríos desta conca que causaron cuantiosos danos.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.