
Este regueiro discorre paralelo á zona urbana e está incluído nunha área de risco potencial de inundación
Unha brigada composta por 8 operarios traballará, durante 3 semanas, en máis de medio quilómetro de canle
O investimento previsto supera os 20 mil euros
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil(CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), traballa na restauración hidrolóxico-forestal do regueiro Regueira da Veiga, afluente do río Boeza, ao seu paso polo barrio de Campo, Ponferrada. Este tramo, que discorre paralelo e lindante á zona urbana, encóntrase incluído nos mapas de risco como zona de risco potencial significativo de inundación.
Da inspección previa realizada comprobouse unha importante presenza de vexetación arbustiva, restos de madeira morta e lamas que contribúen a reducir a sección da canle. Todo iso unido aos importantes problemas de erosión e derrubamento de ambas as dúas marxes, o que provoca que, de forma habitual, a auga circule fóra da canle.
O obxectivo, polo tanto, é mellorar a estrutura da vexetación de ribeira e a continuidade lonxitudinal da canle para recuper a sección de evacuación orixinal deste, co que se pretende minorar os danos en infraestruturas e terreos lindantes durante as inundacións por avenidas extraordinarias.
Tamén se procederá á retirada os lamas finos acumulados, que provocan un aumento da cota do leito da canle que, en momentos puntuais, provocan inundacións nos camiños e nos terreos lindantes.
En canto aos problemas detectados de derrubamento e erosión, estes serán solucionados mediante técnicas de bioingeniería. Construirase unha estacada de defensa de ramaxe vexetal viva de salicáceas, co ánimo de protexer o pé do noiro da erosión hídrica mediante o entrelazado dunhas ramas vivas de salgueiro entre unhas estacas cravadas firmemente ao leito do río, coa intención de que a vexetación axude á estabilización e protección do noiro a longo prazo.
Como consecuencia destes traballos xeraranse unha serie de restos grosos e finos, os grosos ofreceranse aos veciños e propietarios de terreos lindantes para o seu uso doméstico, mentres que os finos se trituran "in situ", para aumentar a cantidade de nutrientes do chan que favorecerán os procesos edafogénicos.
Estas actuacións, cuxa duración se estima en 3 semanas, son realizadas por unha brigada composta por unha cuadrilla forestal de 8 operarios (1 capataz forestal e 7 peóns especialistas), que realizasen o seu labor fundamentalmente por medios manuais e coa maquinaria axeitada, compatible coa zona de actuación.
A lonxitude do tramo a actuar abrangue 634 metros e o investimento previsto é de 22.859 euros.