Máis de cen entidades de Louriñá e Baixo Miño interésanse polo esquema provisional de temas importantes que se incluirán no Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2015-2021

Jornada-informativa-esquema-temas-importantes-plan-hidrologico-Mino-Sil

O centro cultural de Porriño acolleu onte unha xornada informativa na que se expuxeron os temas importantes para a xestión da auga e os problemas que dificultan o cumpro dos obxectivos da planificación

O presidente da CH do Miño-Sil animou os presentes a participar activamente no Plan, co ánimo de alcanzar "entre todos" o bo estado do total das masas de auga da conca

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, celebrou, cos representantes de máis de cen asociacións e entidades de Porriño e doutros concellos da zona, incluídos na parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, a primeira xornada informativa na que se deu a coñecer o esquema dos temas máis importantes en materia de xestión das augas, a ter en conta na elaboración do novo proxecto de Plan Hidrolóxico 2015-2021.

Ao acto, celebrado no centro cultural da vila do Louro, e presidido polo presidente do organismo de conca, Francisco Marin e polo Alcalde do Porriño, Nelson Santos, asistiron un total de 170 persoas, que escoitaron con atención a explicación dos técnicos acerca da importancia de ter en conta aqueles temas que dificultan o cumpro dos obxectivos da planificación. Sinaláronse, no caso da zona do Baixo Miño, as alteracións hidromorfológicas, o uso hidroélectrico, os caudais ecolóxicos, a contaminación por verteduras puntuais e a incidencia sobre o estado das masas transfronteirizas, entre outros.

O rexedor porriñés, Nelson Santos, abriu o acto coas palabras de benvida a todos os asistentes, entre eles, os alcaldes de Mos, A Cañiza, Tui, Salceda, A Garda, Crecente, Mondariz Balneario e Arbo, e do Comandante Naval do Miño, entre outras autoridades, ademais de representantes veciñais e de colectivos locais, aos que fixo unha chamada á colaboración, á cooperación e ao entendemento entre todas a organizacións presentes para a consecución dun obxectivo común.

Pola súa banda, Francisco Marín, recordou aos presentes que neste momento o esquema provisional de temas importantes na xestión da auga está en período de exposición pública e consecuentemente será susceptible de modificacións sobre a base das alegacións que se presenten.

O resultado final de novo Plan Hidrolóxico, para o período comprendido entre os anos 2015 a 2021, será froito do esforzo común e o obxectivo é alcanzar "entre todos" o bo estado das masas de auga desta conca hidrográfica, engadiu Marín.

Esquema provisional de temas importantes 2015-2021


Para introducir a explicación, o xefe da oficina de planificación hidrolóxica da CHMS, explicou o concepto de Plan Hidrolóxico, definíndoo como un conxunto de normas básicas para a protección das augas e para conceder os dereitos do uso da auga.

14-05-29-jornada-informativa-esquema-temas-importantes-plan-hidrologico-Mino-Sil2

Por outra parte, sinalou que a planificación hidrolóxica é un requirimento legal que se establece cos obxectivos xerais de conseguir o bo estado e a axeitada protección das masas de auga da demarcación, a satisfacción dos demandas de auga e o equilibrio e harmonización do desenvolvemento rexional e sectorial; uns obxectivos que han de alcanzarse incrementando as disponibilidades do recurso, protexendo a súa calidade, economizando o seu emprego e racionalizando os seus usos en harmonía co medio e os demais recursos naturais.

Para concretar o relatorio deuse a coñecer o contido do esquema de temas importantes que este organismo agrupa en catro apartados: cumprimentos de obxectivos ambientais, atención de demandas e racionalidade de uso, fenómenos adversos e accidentes e coñecemento e goberno.

A explicación técnica continuou coa exposición do Xefe de Área de Plans e Estudos, quen concretou os temas importantes na zona do Baixo Miño, facendo especial fincapé na contaminación de verteduras puntuais, moi presentes nunha bisbarra con grande actividade industrial, e a súa incidencia sobre o estado das masas transfronteirizas debido ás presións exercidas na zona internacional da demarcación. Tamén moi presente está a contaminación dos chans pola fabricación de lindano na conca do Louro e a pesca e o marisqueo na zona costeira da Guarda.

En relación ao apartado de atención de demandas e racionalidade de uso, fíxose mención á especial característica de dispersión poboacional que caracteriza esta conca hidrográfica, o que dificulta a construción de infraestruturas de abastecemento e depuración e encarece os custos e a recuperación e repercusión destes no consumo da auga. A xornada finalizou cun coloquio no que o público asistente tivo a oportunidade de formular preguntas e aclarar dúbidas e inquietudes colectivas e particulares.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.