
Os traballos, por un importe de máis de 1,5 millóns de euros, execútanse nas provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra e León
Tamén se autorizou unha actuación de emerxencia, por un importe de 1,8 millóns de euros, para a adecuación e recuperación da canle do río Guadalquivir ao seu paso pola cidade de Córdoba
O Consello deministros acordou hoxe, a partires da proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a toma de razón de once obras de emerxencia destinadas a reparar os danos ocasionados polos temporais rexistrados entre decembro de 2013 e febreiro de 2014 na demarcación hidrográfica do Miño-Sil.
Os traballos, cun importe de máis de 1,5 millóns de euros, teñen tres obnextivos prioritarios como son a reposición ao seu estado orixinal das zonas situadas no dominio público hidráulico que resultaron danadas, reparar os datnos causados pola auga tanto nas infraestructuras hidráulicas e viarias como nas marxes dos ríos, e mellorar a súa capacidade de evacuar.
Xa se está atuando nos tramos afectados polas chuvias nas provincias de Lugo (entorno embalse de Vilasouto e Val de lemos; deos ríos Sarria e Celeiro; no paseo fluvial do río Asma, en Chantada; e no paseo fluvial do regato Da Ribeira, en Quiroga), de Ourense (marxes do río Caldo, en Lobios; e nos ríos Matabois, Requeixo, O Regato e Bibei), de Pontevedra (marxes río Tamuxe, en O Rosal; es nas marxes do río Loura, en O Porriñó), e de León (entorno ao embalse de Bárcena e aos regadíos do Bierzo; nas marxes do río Selmo, en Friera; e na marxe dereita do río Boeza, en Folgoso de la Ribera)
Nos meses transcorridos entre o 15 de decembro de 2013 e o 15 de febreiro de 2014 rexistráronse un total de 25 temporais de vento e chuvias na zona noroeste do país, que afectaron de forma especialmente importante ao territorio da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, provocando importante crecidas en todos os ríos desta bacía e que causaron cuantiosos danos.
CAUCE DO RÍO GUADALQUIVIR
Ademáis, o Consello de Ministros tomou razón hoxe da actuación de emerxencia correspondente á adecuación e recuperación da canle do río Guadalquivir ao seu paso pola cidade de Córdoba, por un importe de 1,8 millóns de euros, para correxir os danos causados polas excepcionáis precipitacións rexistradas no pasado ano hidrolóxico.
As elevadas precipitacións produxeron avenidas e inundacións que deron lugar a arrastres de lodo e vexetación que se depositaron no entorno da cidade, tanto nas marxes da cancle como nas pilas das distintas pontes que hay sobre o Guadalquivir.
A sua limpeza non foi posible ata que no baixou o nivel do río, o seu caudal manteuse moi elevado porlos necesarios desembalses para manter os resgardos de seguridade nos embalses, solapándose esta situación coa campaña de rego.