El Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente celebra el Día Mundial del Agua 2014 con los niños y jóvenes de Cospeito (Lugo)

Día Mudial Agua 2014 Cospeito

O obxectivo desta xornada é concienciar á sociedade, dende pequenos, da importancia da auga para a vida

O lema elixido este ano por Nacións Unidas 'Auga e Enerxía' axuda a reafirmar que ademais de ser vital e indispensable, a auga é tamén fonte de desenvolvemento económico e de progreso

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organizou hoxe un acto conmemorativo con motivo do Día Mundial da Auga, que se celebrou esta mañá na Casa da Cultura de Feira do Monte, no municipio lucense de Cospeito.

Este ano o lema escollido por Nacións Unidas foi 'Auga e Enerxía', o que nos achega á auga como elemento esencial para a vida e á súa utilización na produción de enerxía, dende o respecto ao medio e ao desenvolvemento sostible.

Ao acto, celebrado baixo a presidencia do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e do alcalde de Cospeito, Armando Castosa, asistiron tamén o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o presidente da CHMS, Francisco Marín, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo, José Jesús Ramos Ledo, entre outras autoridades.

14-03-22-Dia-Mundial-del-Agua-2014-Cospeito-Lugo

Samuel Juárez considerou o lema deste ano do Día Mundial da Auga como un grande acerto "se temos en conta que a auga é vida e é enerxía, é progreso alí por onde pasa", e destacou que "a obriga das administracións competentes na materia é compatibilizar isto cun desenvolvemento sostible".

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, precisou que non é casualidade" que os nenos sexan os protagonistas no Día Mundial da Auga, xa que "eles son o futuro e a súa concienciación no uso responsable debería de ser un piar básico no seu coñecemento". "Esperamos -engadiu- que as novas xeracións crezan interiorizando a importancia e a necesidade de coidar e aproveitar este recurso".

IMPLICACIÓN DOS MÁIS NOVOS

O obxectivo da xornada foi o achegamento e a concienciación dos máis novos na importancia da auga para a vida e a súa implicación no noso día a día, ademais de sensibilizalos co medio e o desenvolvemento sostible.

Os escolares dos colexios de Muimenta e Virxe do Monte, ambos os dous situados no municipio de Cospeito, participaron nun concurso de debuxo e fotografa baixo o titulo de 'A miña lagoa e a súa natureza', onde puideron plasmar a beleza da Lagoa de Cospeito, que forma parte da reserva da biosfera Terras do Miño, e acompañaron cada creación cun texto explicativo do que podiamos contemplar.

Ao longo desta semana tamén se realizaron charlas e actividades de recoñecemento e mostraxe de varios ríos da zona e da propia Lagoa de Cospeito. Recolléronse mostras de macroinvertebrados, identificouse a flora e a fauna da lagoa, ademais de efectuarse unha análise de auga "in situ". Nestes talleres participaron alumnos dos dous colexios en días consecutivos e o organismo de conca contou coa importante colaboración da Asociación Ecoloxista Adega e dos propios docentes.

Durante o acto procedeuse á entrega de premios aos mellores traballos:

ALUMNOS/AS DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Patricia García Amado (Educación Infantil – CEIP Muimenta)

2º Premio: Antía Pérez Rodríguez
(1º Primaria – CPI Virxe do Monte)

ALUMNOS/AS DE 2º e 3º CICLO DE PRIMARIA

1º Premio: Pablo Peteira Mosteirin
(4º Primaria – CPI Virxe do Monte)

2º Premio: Pili Lombao González
(4º Primaria – CEIP Muimenta)

ALUMNOS/AS DE ESO

1º Premio: Iria Luz Carballés Lago
(1º ESO – CIP Virxe do Monte)

2º Premio: Anabel da Costa Carvalho
(2º ESO – CPI Virxe do Monte)

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.