O presidente da CHMS, o subdelegado do Goberno en Lugo e o alcalde de Xermade visitan as obras de mellora do Rego do Campo, afluente do río Trimaz

Obras Xermade

Estas actuacións están incluídas no proxecto de restauración hidrolóxico-forestal dos ríos de Lugo, presentadas na Subdelegación do Goberno, o pasado 29 de outubro

Unha brigada composta por cinco operarios actúa, dende principios de decembro, en máis de 6 quilómetros de canle

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), traballa na restauración hidrolóxico-forestal do Rego do Campo, afluente do río Trimaz, ao seu paso polo Concello de Xermade (Lugo).

Esta mañá o presidente do organismo de conca, Francisco Marín, acompañado polo subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, visitaron a zona de actuación e supervisado a boa marcha dos traballos.

14-01-24-visita-obras-Rego-do-Campo-en-Xermade

Estas actuacións están enmarcadas dentro do proxecto de restauración Hidrolóxico-Forestal nos ríos de Lugo que fora presentado polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, o pasado 29 de outubro na Subdelegación do Goberno en Lugo.

Como paso previo ao comezo das actuacións, realizouse unha exhaustiva inspección da zona e observouse unha importante presenza de vexetación arbórea e arbustiva que obstaculizaba o acceso á canle, con presenza de árbores secas, que entrañaban risco de caída e arrastre, e importantes acumulacións de residuos sólidos.

A programación dos traballos realizouse atendendo á problemática concreta da zona e, por iso, trabállase dende o pasado mes de decembro, na roza de ambas as dúas marxes para eliminar a vexetación herbácea e arbustiva invasora, na poda da vexetación de paso que impide o acceso e tránsito polas ribeiras e na substitución das pequenas obras de paso con capacidade de desaugadoiro insuficiente.

14-01-24-visita-obras-Rego-do-Campo-en-Xermade2

Por outra parte, estanse a seleccionar os rebrotes de especies arbóreas para favorecer o seu desenvolvemento e iniciouse o repoboación da vexetación de ribeira nas zonas rasas e despoboadas.

14-01-24-visita-obras-Rego-do-Campo-en-Xermade4

Estes traballos son realizados por unha brigada composta por cinco operarios que realizan o seu labor fundamentalmente por medios manuais e con maquinaria compatible coa zona de actuación, todo iso co ánimo de non danar a vexetación de ribeira ben conservada.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.