O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio avanza no segundo ciclo de planificación hidrolóxica de España

Consulta Pública EpTI

Saca a consulta pública o Esquema Provisional de Temas Importantes da revisión do proceso de planificación nas demarcacións do Cantábrico occidental, Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura e Xúquer, así como na parte española de Cantábrico oriental, Miño-Sil, Douro, Texo, Guadiana e Ebro

O obxectivo do Goberno é ter todos os plans hidrolóxicos revisados antes de rematar 2015, tal e como establece a Directiva Marco da Auga

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Dirección Xeral da Auga, sacou a consulta pública o Esquema Provisional de Temas Importantes (ETI) da revisión do proceso de planificación nas demarcacións hidrográficas do Cantábrico occidental, Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura e Xúquer, así como na parte española das demarcacións hidrográfica do Cantábrico oriental, Miño-Sil, Douro, Texo, Guadiana e Ebro.

Desta forma, o Goberno continúa avanzando no segundo ciclo de planificación hidrolóxica, que culminará coa aprobación dos novos plans de conca con vixencia dende o ano 2015 ata o 2021.

Os documentos, que poderán ser consultados durante os próximos seis meses, recollen todos aqueles aspectos que deben figurar nos próximos plans hidrolóxicos.

Así, a nivel xeral, o Esquema Provisional de Temas Importantes que saíu a exposición abordará en cada conca asuntos como a ampliación e axuste dos réximes de caudais ecolóxicos atendendo aos usos actuais, a coordinación dos obxectivos ambientais que se fixan para as masas de auga cos requisitos das zonas protexidas, a consolidación sistemática e rigorosa da asignación e reserva de recursos que deben establecer os plans hidrolóxicos, ou a actualización dos programas de medidas (co concurso de todas as autoridades competentes) co máximo rigor e realismo.

No ETI, así mesmo, tomarase en consideración a revisión das principais presións e impactos que deberán ser tratados nos novos plans hidrolóxicos, así como as posibles alternativas de actuación para conseguir os obxectivos ambientais, de acordo cos programas de medidas.

COMPASAR OS PLANS HIDROLÓXICOS AOS DO RESTO DA UE


O obxectivo do Goberno é compasar este segundo ciclo de planificación no noso país co do resto dos estados membros da Unión Europea e poder ter revisados todos os plans hidrolóxicos antes de que remate o 2015, tal e como establece a Directiva Europea.

O impulso que está a dar o Goberno ao segundo ciclo de planificación hidrolóxica, cuxa tramitación comezou o pasado mes de maio en paralelo á finalización do primeiro ciclo, evidencia o interese do Goberno por volver situar ao noso país á vangarda europea en materia de auga e superar así o enorme atraso co que se encontrou en materia de planificación hidrolóxica ao inicio desta lexislatura.

Os documentos do Esquema Provisional de Temas Importantes que hoxe sae a consulta pública poderán consultarse nas sedes e nas páxinas web dos Organismos de conca correspondentes, así como na páxina do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (www.magrama.es).

De forma análoga, conscientes da necesidade de aliñamento, a práctica totalidade das Comunidades Autónomas con competencias sobre concas intracomunitarias (País Vasco, Galicia, Andalucía, Cataluña, Baleares e Canarias) van publicar nas súas páxinas web, ao longo destes días, os documentos equivalentes por elas desenvolvidos para a revisión dos plans hidrolóxicos do primeiro ciclo.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.