
Serán restauradas e acondicionadas ambas as dúas marxes de Rego do Campo, afluente do río Trimaz
A duración dos traballos estímase en 2 meses e serán realizados por unha brigada composta por 6 operarios
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), iniciou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos da provincia de Lugo cunha actuación no Rego do Campo, no Concello de Xermade, no que se inverterán màs de 45 mil euros.
Como paso previo, se realizou a inspección da zona de actuación e se comprobou unha acumulación excesiva de vexetación arbustiva e arbórea, con presenza de árbores secas e ramas caídas á canle e marxes localizadas ao longo da canle, ademais importante acumulación de residuos solidos urbanos.
Como conclusión programáronse actuacións de retirada de tapóns e obstáculos sobre a canle, ademais de retirada de materiais alóctonos, entullos e lixos.
Por outra parte realizaranse podas e rozas selectivas coa eliminación de ramas mortas e especies invasoras o que favorecerá a entrada de luz á canle e se facilitará o acceso a este.
Tamén se substituirán pequenas obras de paso con capacidade de desaugadoiro insuficiente.
A duración dos traballos estímase en 2 meses e serán realizados por unha brigada composta por 6 persoas que realizarán traballos, fundamentalmente por medios manuais, utilizando para el, motoserras, rozadoras e maquinaria compatible coa zona de actuación.
"Con estes traballos conseguiremos un aumento da sección de desaugadoiro das canles con problemas de desbordamentos e trataremos de evitar ou minimizar os impactos que poderían provocar fortes crecidas e inundacións, para garantir, sobre todo, a seguridade das persoas e os seus bens", explicou Francisco Marín, presidente da CHMS.