Xornada de peche do proxecto RISC_ ML

RISC ML webinar jornada cierre anuncio

O vindeiro xoves, 25 de novembro, celebrarase a Xornada de peche do proxecto RISC_ ML.

Proxecto europeo POCTEP que naceu co obxectivo de obter un maior coñecemento da demarcación hidrográfica internacional, o establecemento de mecanismos para a xestión conxunta de secas e a alerta temperá ante inundacións que permitirán a ambos os países unha maior preparación e capacidade de resposta no territorio fronte aos fenómenos extremos.

Como valoración e balance do mesmo, desde as 16:30 horas, o próximo 25 de novembro, expoñeranse os resultados alcanzados tras 4 anos de execución, relacionados coa mellora no coñecemento da Demarcación Hidrográfica Internacional Miño-Limia. Os socios do proxecto explicarán as conclusións obtidas no estudo do impacto do cambio climático nos recursos hídricos, os mecanismos de xestión existentes en relación á identificación e xestión de secas e no establecemento de sistemas de alerta temperá que permita avaliar o risco real de inundacións en diferentes áreas da conca, así como os novos puntos de control executados dentro do RISC_ ML.

Durante o evento presentarase o vídeo final que recolle as actuacións realizadas no marco xeral do proxecto. Ademais, reflexionarase sobre os retos futuros aos que se enfronta a Demarcación Miño-Limia.

Para consultar o programa da xornada e inscribirche na mesma poderás realizalo a través da seguinte ligazón:

PROGRAMA DA XORNADA

INSCRICIÓN

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.