
Durante un período de tres meses contados dende o 17 de xaneiro de 2014, sométense a consulta pública os mapas de perigosidade e risco de inundación e a delimitación das canles públicas, zonas de servidume, policía e fluxo preferente das áreas con risco potencial significativo de inundación e zonas inundables de interese do territorio español da demarcación hidrográfica do Miño-Sil
INFORMACIÓN CARTOGRÁFICA.
Todos os mapas e delimitacións poderán consultarse no visor cartográfico do Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables:
Pode descargar un documento de axuda no siguiente enlace:
METODOLOXÍA
Poderá descargarse un resumo da metodoloxía desenvolvida para a elaboración da información sometida a consulta pública no seguinte enlace:
DÚBIDAS, COMENTARIOS E SUXESTIÓNS.
Os interesados poderán formular ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil as súas dúbidas, comentarios e suxestións sobre os documentos sometidos a consulta pública. Ademais, co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio e o patrimonio cultural sobre a base do disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a dirección electrónica: