A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello do Porriño, asinan o Convenio de Colaboración para a protección das marxes no río Louro
Este proxecto supón un investimento aproximado de 120.000 euros, que será financiada nun 80% a través de Fondos FEDER
O acto de firma realizouse despois dunha reunión de traballo coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Mos, Porriño, Ponteareas e Mondariz
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, asinou, co Concello do Porriño, o Convenio de Colaboración para a construción, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de protección das marxes contra a erosión no río Louro.
O obxectivo da actuación consiste na recuperación ecolóxica e social do paseo fluvial do río Louro ao seu paso polo Porriño, mediante actuacións de protección de marxes con dique e tratamentos de bioingeniería, en consonancia co ámbito en que se enmarcan, garantindo a conservación dos seus valores ambientais asociadas a esta canle e asegurando a súa integración na ordenación da poboación, que supón un investimento aproximado de 120.000 euros.
Este acto tivo lugar despois dunha reunión de traballo que o Presidente do Organismo de conca mantivo, na Deputación de Pontevedra - sede de Vigo-, co Conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, o Presidente da Deputación de Pontevedra e os alcaldes dos Concellos de Mos, Porriño, Ponteareas e Mondariz, na que avanzaron un paso máis para a materialización das actuacións recollidas nos proxectos de restauración fluvial e mellora da drenaxe do río Canedo en Ponteareas, o acondicionamento das marxes do río Aboal en Mondariz e no proxecto de ordenación da canle e marxes do río Louro en Mos.
Pola súa parte, o Conselleiro e os rexedores dos Concellos de Mondariz e Ponteareas, asinaron un Convenio polo que se creará unha ruta de 7 quilómetros no río Tea, ao seu paso por Mondariz e Ponteareas, que pretende ser unha alternativa de deporte e ocio, e un percorrido cultural e paisaxístico.
Descargar PDF