
A CHMS substituirá a obra de paso sobre o río do Portiño no municipio lucense do Saviñao
- Detalles
- Venres, 10 Novembro 2023

- O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello
- O obxectivo é mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación dos veciños do lugar de Ourigo
- A infraestrutura proxectada, a diferenza da actual, contará coa capacidade de desaugadoiro que esixe a normativa e permitirá restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, rubricaron hoxe o Convenio que posibilita as actuacións necesarias para executar unha obra de paso sobre o río Portiño, no lugar de Ourigo, afectada por intensas enchentes de caudal que provocaron o corte ao tráfico da infraestrutura existente, co consecuente prexuízo para os veciños.
A actuación consistirá na retirada dos restos da infraestrutura preexistente e a limpeza do leito na zona afectada, como paso previo ao comezo das obras da nova ponte que está deseñada cunha sección suficiente para o paso da máxima enchente indicada polo plan hidrolóxico vixente. Ademais está proxectada a reposición do pavimento da estrada afectado por estas obras.
“En aras da colaboración entre administracións, esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para construír unha nova obra de paso que, cumprindo coas prescricións do plan hidrolóxico vixente, teña a capacidade de desaugadoiro suficiente e permita restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada” explicou o presidente.
O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.