• imprimir

O presidente da CHMS mantén un encontro de traballo cos regadores do Val de Lemos (Lugo)

El presidente de la CHMS mantiene un encuentro de trabajo con los regantes del Val de Lemos (Lugo)
  • A CHMS e a USC explicáronlles os detalles do estudo que xa está moi avanzado e que é posible en base a un convenio de colaboración promovido polo organismo de conca
  • "Era necesario partir dunha radiografía que reflectise a precaria situación do regadío: está a traballarse o diagnóstico desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona para conseguir o desenvolvemento sostible do recurso" explicou o presidente
  • Actualmente estase desenvolvendo a fase participativa onde CHMS e USC están a dialogar cos regadores para coñecer de primeira man a opinión, compromiso e aspiracións
  • "En breve será o momento de convidar a que outras administracións, coñecedoras da problemática, (Xunta e Concellos) a que se somen ao proxecto e conxugar todas as variables co obxectivo de solucionar a problemática de conxunto que vén de moi atrás" concluíu Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, asiste a unha das reunións cos regadores do Val de Lemos para explicarlles e coñecer, xunto coa USC, os avances do estudo froito do Convenio de colaboración para a posta en marcha dun plan integral de aproveitamento agronómico do regadío no Val de Lemos (Monforte de Lemos- Lugo), rubricado en maio de 2022.

Os traballos desenvolvidos ofrecerán un diagnóstico integral da zona de regadío do Val de Lemos e unha proposta de accións para o seu desenvolvemento futuro sostible como acción crave para a sustentabilidade da agricultura e a loita contra o cambio climático, desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona.

Ademais, exporá as actuacións para realizar, do mesmo xeito que a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deberán de formar parte das solucións; todo iso cun enfoque acorde ás formulacións e restricións ambientais, sociais, territoriais e produtivas futuras.

"Era necesario partir dunha radiografía que reflectise a precaria situación do regadío, está a conseguirse o diagnóstico desde un punto de vista legal, económico, social, produtivo e estrutural da zona para conseguir o desenvolvemento sostible do recurso como paso previo a unha toma de decisións" explicou o presidente.

As actuacións, xa moi avanzadas, estruturáronse en 10 fases que se iniciaron coa recompilación, análise da documentación existente e traballos previos, para continuar con traballos de campo, elaboración de planos e fichas, caracterización e elaboración do SIG e as Bases de Datos Espaciais, diagnóstico social da comunidade de regadores, proposta da folla de ruta para a desafectación de parcelas de rega, proposta de modelos de cultivo, deseño e posta en marcha de plan de difusión con investidores para, como última fase, proceder á elaboración da documentación e os entregables do proxecto.

Este estudo incluirá, ademais, as actuacións necesarias, a súa implementación práctica, o custo asociado e as entidades que deberán de formar parte das solucións. Dentro desta dinámica está a dialogarse cos regadores como un elemento fundamental.

Actualmente estase desenvolvendo a fase participativa onde CHMS e USC están a dialogar cos regadores para coñecer de primeira man a opinión, compromiso e aspiracións.

"En breve será o momento de convidar a que outras administracións, coñecedoras da problemática, (Xunta e Concellos) a que se somen ao proxecto e conxugar todas as variables co obxectivo de solucionar a problemática de conxunto que vén de moi atrás e que vai necesitar unha nova visión sobre o parcelario que poida propiciar máis operatividade produtiva se se quere avanzar en serio" concluíu Quiroga.

09112022 Foto1

09112022 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.