• imprimir

A CHMS remata os traballos de reparación do dique da marxe esquerda do río Valcarce en Villafranca do Bierzo

La CHMS finaliza los trabajos de reparación de escollera de la margen izquierda del río Valcarce en Villafranca del Bierzo
  • As enchentes do río descalzaron un tramo de dique na marxe esquerda do río Valcarce, preto da ponte da rúa Concepción, que contiña no seu interior un colector de saneamento ao que protexía
  • As obras consistiron no desmonte e posterior reposición dun tramo de 65 metros de dique danado
  • Estes traballos supuxeron un investimento de 45.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), remata os traballos de reparación de dique da marxe esquerda do río Valcarce en Villafranca do Bierzo, nos que o organismo de conca investiu máis de 45.000 euros.

As enchentes do río descalzaron un tramo de dique na marxe esquerda do río Valcarce, preto da Ponte da rúa Concepción; dito dique contiña no seu interior un colector de saneamento ao que protexía, polo que era urxente acometer a súa reparación para evitar roturas e verteduras das augas residuais ao río.

Os traballos iniciáronse coa preparación dunha plataforma de traballo dentro do leito para o posicionamento da maquinaria, con barreira de protección para a retención de sedimentos. A execución dos traballos consistiron no desmonte do tramo de dique danado, separando os restos de formigón para ser trasladados ao xestor de residuos e a posterior reposición do dique de protección do colector nun tramo de 65 m.

Estas obras comezaron o 2 de setembro e finalizaron o pasado luns, coa retirada da plataforma de traballo e os labores de naturalización do leito e marxes.

06102022 Foto

061022 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.