• imprimir

A CHMS autoriza o proxecto da pasarela provisional de Ponte Ribeira

La CHMS autoriza el proyecto de la pasarela provisional de Ponte Ribeira
  • Quiroga confirmou, ademais, que a CHMS está a redactar o estudo técnico para a rehabilitación da parte alterada da Ponte Ribeira, para deixar á vista a fábrica orixinal desta histórica ponte Medieval
  • Esta pasarela provisional soluciona a problemática xurdida en 2015, que supuxo a interrupción do Camiño de Francés ao seu paso pola Villa
  • “Queremos poñer de manifesto o interese de ambas as Institucións polo valioso patrimonio natural e cultural da zona” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, para trasladarlle a Autorización da CHMS que posibilita o inicio das obras do proxecto de “Pasarela metálica provisional para Ponte Ribeira”, coa que se dará continuidade ao traxecto orixinal do Camiño de Santiago.

Neste encontro corroborouse o compromiso de ambas as Institucións coa riqueza natural da zona e o arraigamento dos Sarriáns, desde hai séculos, ao tránsito de peregrinos que cruzan a vila para continuar o traxecto do Camiño Francés ata completar o Camiño de Santiago.

Quiroga confirmou, ademais, que a CHMS está a redactar o estudo técnico previo ao proxecto de rehabilitación da parte alterada da Ponte Ribeira, para deixará á vista a fábrica orixinal desta histórica ponte Medieval. “Temos que ser conscientes do patrimonio cultural asociado ao mundo da auga do que dispoñemos en Galicia e, por iso, desde a CHMS apostamos por manter as vías orixinais sen obviar a normativa de augas” matizou.

“Con esta solución temporal, proposta polo Concello, dáse solución á problemática xurdida en 2015 que provocou o corte da circulación pola ponte do Peregrino – Ponte Ribeira-, o que derivou en importantes prexuízos para os veciños de Sarria, para os peregrinos e para os comerciantes. Desde o organismo que presido quero evitar, na medida do posible, máis inconvenientes aos prexudicados” concluíu Quiroga.

061120 Ponte Ribeira1

061120 Ponte Ribeira2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.