• imprimir

A Xunta de Galicia atrasa a firma do Convenio que garantirá o abastecemento á área de Vigo introducindo novos cambios no texto

La Xunta de Galicia retrasa la firma del Convenio que garantizará el abastecimiento al área de Vigo introduciendo nuevos cambios en el texto
  • A CHMS, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia acordaron o texto definitivo para proceder ao comezo da tramitación
  • Augas de Galicia modificou unilateralmente o texto do Convenio e esta nova versión, non acordada previamente, foi aprobada polo Consello da Xunta
  • Esta nova redacción dificulta a tramitación xa efectuada e podería supoñer un novo punto de partida

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) asinará un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través Augas de Galicia, e co Concello de Vigo, co que se posibilitará a licitación dun estudo informativo que determine a proposta máis adecuada para mellorar a regulación e o almacenamento de auga que garanta o abastecemento na zona de Vigo e a súa área.

Entre os otorgantes acordouse un texto definitivo que a CHMS enviou a Augas de Galicia e ao Concello de Vigo o pasado 1 de febreiro de 2019, para a súa conformidade, unha vez recibida esta por a CHMS comezouse a tramitación do Convenio coa petición de cinco informes preceptivos ante distintos Departamentos Ministeriais, advertíndose previamente que calquera modificación, unha vez comezada a tramitación, supoñería o inicio dunha nova rolda de solicitudes.

Neste momento disponse dos informes emitidos pola Avogacía do Estado, a Secretaría Xeral Técnica do MITECO, o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Facenda; estando pendente a Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, que avaliará o cumprimento dos criterios sobre déficit e débeda da Administración Autonómica.

Modificacións ao texto acordado

É importante destacar que Augas de Galicia modificou unilateralmente o texto do Convenio e esta nova versión, non acordada previamente, foi aprobada polo Consello da Xunta do 28 de marzo de 2019.

O pasado 29 de marzo o Ente autonómico comunicou a este Organismo de conca os cambios introducidos e, con esa mesma data, a CHMS emitiu resposta advertindo, unha vez máis, que esta nova versión supoñerá un considerable atraso na firma do Convenio xa que habería que iniciar, de novo, o procedemento administrativo.

“Desde a CHMS estamos en boa disposición de colaborar coas distintas Administracións, dentro das nosas competencias, en actuacións que redunden na mellora da calidade de vida dos cidadáns. A garantía do abastecemento, aínda que é unha competencia municipal, é un dereito dos cidadáns e como Administración do Estado non podemos eludir nosa parte de responsabilidade compartida” matizou Quiroga.

“Desde a CHMS pedimos á Xunta de Galicia a máxima seriedade e respecto nos textos consensuados polos asinantes xa que, tal e como se advertiu, pequenas modificacións poden supoñer grandes atrasos que serían imputables só a esa Administración Autonómica” concluíu o presidente da CHMS.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.