• imprimir

A CHMS executará a senda fluvial do Sil en canto o Concello de Ponferrada dispoña dos terreos afectados polo proxecto

La CHMS ejecutará la senda fluvial del Sil en cuanto el Ayuntamiento de Ponferrada disponga de los terrenos afectados por el proyecto
  • O proxecto foi redactado e está preparado para licitar
  • O investimento previsto, segundo Convenio, é de 500.000 euros, sufragada ao 80% polo MITECO, a través da CHMS, e o 20% restante polo Concello

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS) está pendente de recibir do Concello de Ponferrada os terreos necesarios para a execución das obras incluídas no proxecto de “Senda fluvial na marxe dereita do Río Sil entre a Ponte do Ferrocarril e as Instalacións Deportivas de Flores do Sil en Ponferrada (León)”.

O Organismo de conca está, desde hai varios meses, en disposición de licitar as obras e á espera de que o Concello cumpra coa parte que lle corresponde.

Esta situación é coñecida pola alcaldesa de Ponferrada, Gloria Merayo, porque é un dos requirimentos que consta no Convenio de Colaboración asinado o pasado mes de xaneiro que, na sua Clausula Novena -Obrigacións e Facultades do Concello de Ponferrada- indica que é de obrigado cumprimento o “Poñer a disposición da Confederación Hidrográfica Miño-Sil os terreos precisos para a realización das obras, libres de cargas e gravames".

O presidente do Organismo de conca, Jose Antonio Quiroga, tamén puxo sobre a mesa este tema na reunión mantida coa alcaldesa, o pasado 13 de setembro, no Concello de Ponferrada.

“Desde a CHMS estamos en boa disposición para colaborar, dentro das nosas competencias, co resto de Administracións en calquera actuación que redunde na mellora da calidade de vida dos cidadáns e na conservación e mellora dos nosos leitos fluviais e solicitamos ao Concello de Ponferrada a máxima dilixencia nas xestións que lle competen” matizou o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.