 
A reserva hidráulica española encóntrase ao 79,2% da súa capacidade total
- Detalles
- Martes, 01 Xullo 2014
 
Diminúe en -576 hectómetros cúbicos respecto á semana anterior
A reserva hidráulica española está ao 79,2% da súa capacidade total. Actualmente hai 43.828 hectómetros cúbicos (hm³) de auga embalsada, o que representa unha diminución de -576 hm3 (o -1,0% da capacidade total dos encoros) con respecto aos niveis da semana anterior, con variacións entre -164 hm³ en Douro e 13 hm³ en Ebro.
A reserva por ámbitos é a seguinte:
- Cantábrico encóntrase ao 75,0%
- Miño-Sil ao 76,7%,
- Galicia Costa ao 85,1%
- Concas internas do País Vasco ao 85,7%
- Douro ao 86,5%
- Tajo ao 70,3%
- Guadiana ao 85,0%
- Conca Atlántica Andaluza ao 82,6%
- Guadalquivir ao 85,1%
- Conca Mediterránea Andaluza ao 67,8%
- Segura ao 74,0%
- Júcar ao 49,3%
- Ebro ao 87,3%
- Concas internas de Cataluña ao 82,7%
As precipitacións foron abundantes en toda a Península. A máxima produciuse en Albacete con 58,0 mm ( 58,0 l / m2).
A situación das concas, en hectómetros cúbicos, detállase no cadro adxunto:
| AMBITOS | RESERVA TOTAL EMBALSADA | |||
|---|---|---|---|---|
| Capacidade Total | Ano Actual | Ano Anterior | Media 10 Anos | |
| Cantábrico | 633 | 475 | 567 | 529 | 
| Miño-Sil | 3.030 | 2.325 | 2.530 | 2.304 | 
| Galicia Costa | 684 | 582 | 579 | 508 | 
| Concas internas do País Vasco | 21 | 18 | 21 | 19 | 
| Douro | 7.507 | 6.491 | 6.815 | 5.650 | 
| Tajo | 11.012 | 7.744 | 8.196 | 6.659 | 
| Guadiana | 8.632 | 7.340 | 7.679 | 6.110 | 
| Conca Atlántica Andaluza | 1.880 | 1.553 | 1.733 | 1.278 | 
| Guadalquivir | 8.101 | 6.893 | 7.536 | 5.099 | 
| Vertente Atlántica | 41.500 | 33.421 | 35.653 | 28.156 | 
| Conca Mediterránea Andaluza | 1.177 | 798 | 957 | 616 | 
| Segura | 1.141 | 844 | 817 | 453 | 
| Júcar | 3.337 | 1.645 | 1.904 | 1.327 | 
| Ebro | 7.511 | 6.560 | 6.600 | 5.607 | 
| Concas internas de Cataluña | 677 | 560 | 654 | 540 | 
| Vertente Mediterránea | 13.843 | 10.407 | 10.932 | 8.543 | 
| Total peninsular | 55.343 | 43.828 | 46.585 | 36.699 | 
