CONSULTA PÚBLICA PLAN HIDROLÓXICO DE CONCA 2021-2027

PH 2022-2027

De acordo co anuncio da Dirección Xeral da Auga do 1 de xuño de 2021 (BOE do 22 de xuño de 2021), iníciase o período de consulta pública durante seis meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado) ata o 22 de decembro de 2021, da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2022-2027) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20, 21 e 22 Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Durante o citado prazo, e en cumprimento dos artigos 74; 80.2) e 80.3) do Regulamento da Planificación Hidrolóxica aprobado mediante o Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo, e dos artigos 20, 21 e 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental poderanse formular as oportunas propostas, observacións e suxerencias dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A.

Os documentos que conforman o proxecto de novo plan hidrolóxico (seguindo a estrutura formal sinalada no artigo 81 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica) e o seu Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), pódense consultar nas seguintes ligazóns:

MEMORIA e ANEXOS:

MEMORIA

ANEXOS:

1. ANEXO I: INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES

2. ANEXO II: DESCRICIÓN XERAL DA DEMARCACIÓN

2.1 ANEXO 1: MASAS DE AUGA MOI MODIFICADAS

2.2 ANEXO 2: INVENTARIO DE RECURSOS

2.3 ANEXO 3: FICHAS DAS MASAS DE AUGA

2.4 ANEXO 4. ESTUDO IMPACTO CAMBIO CLIMÁTICO

3. ANEXO III: DESCRICIÓN DE USOS, DEMANDAS E PRESIÓNS

4. ANEXO IV: RESTRICIÓNS AO USO, PRIORIDADES DE USOS E ASIGNACIÓN DE RECURSOS

5. ANEXO V: IDENTIFICACIÓN E MAPAS DAS ZONAS PROTEXIDAS

6. ANEXO VI: PROGRAMAS DE CONTROL DO ESTADO DAS MASAS DE AUGA

7. ANEXO VII: AVALIACIÓN DO ESTADO DAS MASAS DE AUGA

8. ANEXO VIII: OBXECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS E EXENCIÓNS

9. ANEXO IX: RECUPERACIÓN DE CUSTOS DOS SERVIZOS DA AUGA

10. ANEXO X: PLANS E PROGRAMAS RELACIONADOS

11. ANEXO XI: PLANS DEPENDENTES: SECAS E INUNDACIÓNS

12. ANEXO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS

13. ANEXO XIII: PARTICIPACIÓN PÚBLICA

14. ANEXO XIV: SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO

15. ANEXO XV: LISTAXE DE AUTORIDADES COMPETENTES

16. ANEXO XVI: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DO PLAN

17. ANEXO XVII: PUNTOS DE CONTACTO E PROCEDEMENTOS PARA OBTER INFORMACIÓN

NORMATIVA:

NORMATIVA

ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO e RESUMO NON TÉCNICO DO ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO

Tamén se pode consultar a documentación na sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. na Rúa de Curros Enríquez, 4-2º; 32003 Ourense e na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD), https://www.miteco.gob.es/es/

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.