Participación Pública
A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil puxo en marcha un plan de participación pública que trata de garantir a presenza no proceso de planificación de todas as partes implicadas que poidan sentirse aludidas ou afectadas polos aspectos claves identificados, xa sexan administracións públicas, axentes económicos ou representantes do tecido social.
¿Quen pode participar?
Como a auga é un asunto público que nos concierne a todos, o proceso de participación pública está aberto a todos os actores sociais: traballadores, empresarios, agricultores, ecoloxistas, afectados polas infraestrutas hidráulicas, cidadáns organizados... O obxectivo é que toda a cidadanía participe no proceso de planificación hidrolóxica e se responsabilice do resultado.
¿Como participar?
Os interesados poden participar asistindo ás Xornadas Participaticas ou as Mesas Sectoriais que convoca a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.
¿Por que é importante a súa participación?
A participación dos interesados axuda a enriquecer o novo Plan Hidrolóxico e garantir que as decisións que se adopten teñan en conta as opinións e as experiencias da sociedade.
Este Organismo de bacía estableceu, respecto ao proceso de participación pública, os seguintes obxectivos:
- Intercambiar información e coñecementos coa cidadanía, o que permite coñecer as necesidades, puntos de vista e percepcións das partes interesadas e realizar unha mellor diagnose das necesidades da sociedade.
- Acadar solucións satisfactorias, a longo prazo, na xestión da bacía, anticipándonos a posibles conflictos ou problemas de xestión.
- Incrementar o coñecemento dos cidadáns sobre temas relacionados coa xestión da auga, logrando o compromiso da sociedade na xestión sostible da auga.
- Establecer medios de comunicación permanentes entre a administración e os administrados.
- Educar e sensibilizar á cidadanía sobre os temas relacionados coa xestión dos recursos hídricos. A participación activa proporciona oportunidades para o aprendizaxe e para exercer a responsabilidade ambiental.