• imprimir

Planificación Hidrolóxica

A Planificación Hidrolóxica concíbese como o instrumento fundamental para a xestión integral dos recursos hídricos a tavés da que se debe establecer un vínculo entre a situación actual e un futuro ordenado e lóxico caracterizado por un aproveitamento racional dos recursos hídricos, tratando de garantir as necesidades propias dos ecosistemas fluviais.

Planificación HidrolóxicaExisten dous tipos de Planificación Hidrolóxica que deben ser complementarios: a planificación estratéxica a longo prazo e a planificacón operativa a curto e medio prazo que permite avaliar situacións puntuais para poder realizar un proxecto amplio e concreto.

A Planificación Hidrolóxica require un coidadoso coñecemento dinámico do entorno que permita ter información non só do estado dos recursos no momento actual, senón tamén predicir a súa situación futura.

Para iso, realízanse unha serie de estudos que van máis alá das características puramente hidrolóxicas e que acadan diferentes variables como a calidade das augas, o contorno físico, o marco socio-económico, etc.

As tres principais funcións das Oficinas de Planificación Hidrolóxica, dacordo co artigo 7 do Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estrutura orgánica dependente da Presidencia das confederacións hidrográficas son as seguintes:

  • Elaboración, seguemento e revisión do Plan Hidrolóxico de Bacía.
  • Informes de compatibilidade co Plan Hidrolóxico de Bacía.
  • Redacción dos Plans de ordenación de extraccións en acuíferos declarados sobreexplotados ou en risco de estalo, así como en proceso de salinización.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.