Evaluación Preliminar do Risco de Inundación
As inundacións constitúen un risco natural que ó longo do tempo provocaron a perda de vidas humanas e ocasionaron custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estructurais, senon tamén doutras non estructurais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrolóxico - forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio.
Estas consideracións foron recollidas en normas europeas e estatais como a Directiva 2000/60/CE ou Directiva Marco sobre a Auga, a Directiva 2007/60/CE relativa á avaliación e á xestión dos riscos de inundación e o Real Decreto 903/2010 de avaliación e xestión de riscos de inundación. Todas elas teñen como obxectivo reducir as consecuencias negativas sobre a vida humana, o medio ambiente, o patrimonio cultural, a actividade económica e as infraestructuras. Neste sentido, o establecemento de Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) constitúe unha ferramenta fundamental na prevención das consecuencias de posibles inundacións. A combinación e ponderación dos factores físicos e de ocupación do territorio cos datos específicos sobre inundacións no pasado, así como a experiencia por parte dos axentes implicados, facilitaron as ferramentas precisas para a elección das zonas inundables finalmente seleccionadas como ARPSIs.
Estes cauces estudiaranse baixo un enfoque multidisciplinar, por unha parte xeomorfolóxico-histórico e por outra parte dende unha modelización hidrolóxica - hidráulica. O obxectivo final será xerar os mapas de perigrosidade con representación da extensión previsible de inundación, calados da auga e velocidades alcanzadas para diversos escenarios de probabilidade de recorrencia. En fases posteriores xeraranse Mapas de Risco de Inundación e Plans de Xestión do Risco de Inundación, para cada cauce seleccionado como ARPSIs.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil completou xa a primeira das fases, a elaboración da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) e a Identificación das Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIS) do territorio español da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, vixente dende o pasado 14 de decembro de 2011, tras ser aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino e ser remitida á Comisión Europea.
A documentación pode ser consultada a continuación ou no seguiente enlace: http://cdr.eionet.europa.eu/es/eu/colttzlkw/envtx0_qw
EPRI Miño-Sil
- Memoria (PDF-3.7MB)
- Fichas (PDF-4.5MB)
- Planos
- Portada - Índice (PDF-224KB)
- Metodoloxía (PDF-728MB)
- Xeral (PDF-9.2MB)
- León (PDF-36MB)
- Lugo (PDF-30MB)
- Ourense (PDF-40MB)
- Pontevedra (PDF-20MB)
- Xeral (PDF-9.2MB)