CONSULTA PÚBLICA PLAN HIDROLÓXICO DE CONCA 2021-2027

PH 2022-2027

De acordo co anuncio da Dirección Xeral da Auga do 1 de xuño de 2021 (BOE do 22 de xuño de 2021), iníciase o período de consulta pública durante seis meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado) ata o 22 de decembro de 2021, da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2022-2027) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20, 21 e 22 Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Durante o citado prazo, e en cumprimento dos artigos 74; 80.2) e 80.3) do Regulamento da Planificación Hidrolóxica aprobado mediante o Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo, e dos artigos 20, 21 e 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental poderanse formular as oportunas propostas, observacións e suxerencias dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A.

O VÍDEO DA XORNADA  ON-LINE DE PRESENTACIÓN da Proposta de Proxecto de Plan Hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil para o período 2022-2027 celebrada o mércores 14 de xullo de 2021 pódese descargar na seguinte LIGAZÓN.

DÍPTICO DIVULGATIVO PARA A PARTICIPACIÓN. Descargar

Neste VÍDEO SUPERGOTA explícache a última fase do proceso de planificación hidrolóxica: a consulta pública dos proxectos dos Plans Hidrolóxicos

Os documentos que conforman o proxecto de novo plan hidrolóxico (seguindo a estrutura formal sinalada no artigo 81 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica) e o seu Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), pódense consultar nas seguintes ligazóns:

MEMORIA e ANEXOS:

MEMORIA

ANEXOS:

1. ANEXO I: INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES

2. ANEXO II: DESCRICIÓN XERAL DA DEMARCACIÓN

2.1 ANEXO 1: MASAS DE AUGA MOI MODIFICADAS

2.2 ANEXO 2: INVENTARIO DE RECURSOS

2.3 ANEXO 3: FICHAS DAS MASAS DE AUGA

2.4 ANEXO 4. ESTUDO IMPACTO CAMBIO CLIMÁTICO

3. ANEXO III: DESCRICIÓN DE USOS, DEMANDAS E PRESIÓNS

4. ANEXO IV: RESTRICIÓNS AO USO, PRIORIDADES DE USOS E ASIGNACIÓN DE RECURSOS

5. ANEXO V: IDENTIFICACIÓN E MAPAS DAS ZONAS PROTEXIDAS

6. ANEXO VI: PROGRAMAS DE CONTROL DO ESTADO DAS MASAS DE AUGA

7. ANEXO VII: AVALIACIÓN DO ESTADO DAS MASAS DE AUGA

8. ANEXO VIII: OBXECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS E EXENCIÓNS

9. ANEXO IX: RECUPERACIÓN DE CUSTOS DOS SERVIZOS DA AUGA

10. ANEXO X: PLANS E PROGRAMAS RELACIONADOS

11. ANEXO XI: PLANS DEPENDENTES: SECAS E INUNDACIÓNS

12. ANEXO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS

13. ANEXO XIII: PARTICIPACIÓN PÚBLICA

14. ANEXO XIV: SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO

15. ANEXO XV: LISTAXE DE AUTORIDADES COMPETENTES

16. ANEXO XVI: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DO PLAN

17. ANEXO XVII: PUNTOS DE CONTACTO E PROCEDEMENTOS PARA OBTER INFORMACIÓN

NORMATIVA:

NORMATIVA

ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO e RESUMO NON TÉCNICO DO ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO

Tamén se pode consultar a documentación na sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. na Rúa de Curros Enríquez, 4-2º; 32003 Ourense e na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD), https://www.miteco.gob.es/es/

Proyecto RISC_PLUS Proyecto RISC_PLUS

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

  Proyecto Fronteira Esquecida Proyecto Froteira Esquecida

Proyecto POCTEP Albufeira Proyecto POCTEP Albufeira

Logo Plan Resiliencia

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.