• imprimir

Secretaría Xeral

As principais funcións da Secretaría Xeral, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

  • A xestión dos asuntos relativos ao funcionamento da Xunta de Goberno, o Consello de Auga, a Asemblea de Usuarios e o exercicio da secretaría dos citados órganos.
  • O Rexistro Xeral e o réxime interior.
  • A xestión da actividade económica e financeira, a contabilidade interna do Organismo, a habilitación e a pagadoría.
  • A tramitación dos asuntos de persoal.
  • A tramitación administrativa, relativa ás informacións públicas, e a tramitación e proposta de resolución dos recursos e reclamacións.
  • A xestión administrativa en materia de contratación, a xestión patrimonial e a tramitación e proposta de resolución nos expedientes de expropiación.
  • A supervisión e coordinación da informática en materia administrativa.
  • A elaboración de informes xurídicos.

O actual Secretario Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é Manuel González Torres.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.