• imprimir

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio dá luz verde a un investimento de 2,9 millóns de euros coa que se completará o saneamento do Porriño (Pontevedra)

Saneamiento Porriño

O MAGRAMA, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, achegará o 80% do investimento

O obxectivo destas actuacións é recoller as augas residuais de redes locais existentes para conducilas ata os colectores do Louro e envialas á EDAR de Guillarei para o seu tratamento

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, formalizou esta mañá no Porriño el Convenio de colaboración para o financiamento e execución do proxecto de actuacións prioritarias no saneamento do Porriño. TTMM do Porriño e Mos (Pontevedra), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación destas.

O Convenio foi rubricado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, o Conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde do Porriño, Nelson Santos.

O acto, celebrado en Concello do Porriño, estivo presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e contou coa asistencia da corporación municipal, do Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, do Vicepresidente da Deputación Provincial de Ponvedra, Jose Manuel Figueroa e do Director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, entre outras autoridades.

2,9 MILLÓNS DE EUROS DE INVESTIMENTO

En total investiranse 2.839.933 euros, financiados nun 80% polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con fondos europeos, e nun 20% pola Xunta de Galicia. O Concello do Porriño, pola súa banda, comprometeuse a poñer a disposición os terreos necesarios para levar a cabo as obras. O prazo de execución das actuacións estímase en 18 meses.

Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deseñou dentro do período 2007-2013, e que contan coa participación e apoio cidadán das poboacións implicadas, co obxectivo de levar a cabo actuacións para a mellora ambiental do ámbito dos ríos.

PROXECTO

Para comprobar a necesidade destas actuacións realizouse unha análise do sistema actual de saneamento que deu como resultado a existencia dunha numerosa rede de colectores distribuídos ao longo do municipio, ideados para recoller as augas residuais e conducilas á EDAR de Guillarei, e que aínda se encontraban desconectados do sistema de saneamento do Louro.

A obra comprende a construción de colectores en seis zonas rurais do concello do Porriño, que se sitúan entre o núcleo de Carracido, ao norte do municipio, e as Parroquias de Chenlo e Budiño, situadas ao sur.

Considerouse prioritaria tamén a actuación de conexión dos saneamentos xa executados ao sistema xeral do Louro, de forma que poidan dar servizo ás poboacións para as que foron deseñados.

"O obxectivo principal da actuación é o de recoller as augas residuais de redes existentes, que actualmente se encontran fóra de servizo, para conducilas ata os colectores do Louro e poder así realizar a súa entrega na EDAR de Guillarei situada no concello de Tui", explicou Marín, presidente do organismo.

"Aínda que o beneficiario da totalidade das obras é o municipio do Porriño existe unha actuación na localidade de Carracido na que se afectará a terreos de concello limítrofe, Mos, isto débese a que a conexión co colector do Louro se realizará nun pozo situado neste último concello" concluíu o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.