• imprimir

A CHMS inicia os traballos de reparación da pasarela de "Ás Poldras do Varela", que une os concellos de Cartelle e Celanova

Ponte Cartelle

Este poldrado forma parte das rutas de Camiños Naturais do Interior, no tramo que discorre entre Celanova e Ourense

Os danos foron ocasionados polas enchentes do río Arnoia nos días máis chuviosos

Esta pasarela de pedra une as localidades da Ulfe e Freixo, dos concellos de Cartelle e Celanova, respectivamente

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), inicia os traballos de reparación da pasarela de pedra coñecida como "Ás Poldras do Varela" que une os municipios de Cartelle e Celanova. Os danos producíronse durante o temporal de intensas chuvias do primeiro semestre do ano e impiden a utilización deste poldrado sobre o río Arnoia.

Na valoración da necesidade de acometer esta actuación tivéronse en conta varios factores, entre eles, as características naturais desta zona xa que esta pasarela forma parte dunha das rutas incluídas no Programa de Camiños Naturais de España, que recompilou o MAGRAMA, e que son moi utilizados polos senderistas, ciclistas e turistas en xeral, permitindo o achegamento da poboación ao medio natural, promovendo o coñecemento da natureza e as paisaxes, e o desenvolvemento sostible do medio rural.

Este programa de Camiños Naturais foi elaborado polo MAGRAMA en colaboración con outras administracións territoriais e estas son as encargadas, a posteriori, do seu mantemento. Tendo en conta as dificultades económicas dos pequenos concellos, o presidente da CHMS, Francisco Marín, atendeu a solicitude da Alcaldesa de Cartelle, Mª Carmen Leyte, que lle pediu a colaboración do organismo de conca na reparación desta pasarela de pedra que une os núcleos da Ulfe e Freixo, pertencentes aos concellos de Cartelle e Celanova, respectivamente.

"Co ánimo de colaboración entre Administracións e por importancia do turismo do rural na economía das pequenas poboacións, valoramos a urxencia de dar continuidade a este camiño natural, interrompido pola derruba de varias pedras froito das enchentes do río Arnoia. Ademais de valorar, por suposto, o beneficio que supón para os veciños dos núcleos de poboación afectados na mellora da súa calidade de vida" precisou Marín, Presidente do Organismo. "Por outra parte, hai que indicar que estaba proxectada nesta zona unha actuación de roza selectiva e retirada de arrastres e maleza provocados polas enchentes do río co que, o organismo de conca procederá a acometer o total das actuacións, concluíu Marín.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.