• imprimir

O presidente da CHMS supervisa as obras de emerxencia no río Tamuxe, ao seu paso por O Rosal, que evitarán riadas e avenidas nos meses máis chuviosos

Visita Obras A Guarda

Na visita estivo acompañado polo Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e o Alcalde do Municipio, Jesús María Fernández Portela

O Consello de Ministros aprobou estas actuacións de emerxencia para paliar os danos ocasionados polas intensas chuvias dos primeiros meses deste ano

O investimento total na conca do Miño-Sil, nesta primeira fase, ascende a 500mil euros

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, acompañada do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores, e o Alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández, visitan e supervisan as obras de emerxencia que o organismo de conca está a levar a cabo no río Tamuxe, ao seu paso polo Concello do Roseira.

Con estas actuacións de emerxencia, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da CHMS, restaurará o dominio público hidráulico e os danos provocados polos desbordamentos e avenidas ocasionadas polo temporal de intensas chuvias sufrido durante os primeiros meses deste ano. Para iso investirá, na provincia de Pontevedra, ao redor de 145 mil euros nesta primeira fase de actuacións.

Visita Obras O Rosal

En liñas xerais, os traballos consisten na limpeza de arrastres, retirada de maleza e de árbores caídas, cunha especial incidencia na retirada de taponamentos que afecten a infraestruturas viarias. Tamén se procederá á reposición de diques e estabilización de marxes con biomuros de malla de coco. Todo iso co fin de mellorar a capacidade de desaugadoiro das canles para evitar riadas e avenidas en episodios de abundantes chuvias.

O conxunto de actuacións previstas están incluídas na declaración de obras de emerxencia, das que tomou nota o Consello de Ministros celebrado o venres 28 de xuño, e que foron solicitadas por cada un dos nove organismos de conca do Estado.

Visita Obras O Rosal

Concretamente as actuacións que se están a levar a cabo no río Tamuxe, neste concello de O Rosal, consisten na retirada de árbores caídas e roza de ambas as dúas marxes do río, por outra parte, realizaranse entalados de madeiros e colocación de biorrollos de malla de coco, que darán estabilidade aos noiros de ribeira erosionados e derrubados polas enchentes.

Na provincia de Pontevedra, nesta primeira fase de obras de emerxencia, cun investimento próximo aos 150mil euros, tamén se actuará no río Tea, ao seu paso polos concellos de Salvaterra do Miño e Ponteareas e no río Louro en Mos.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.