• imprimir

Publicada no BOE a licitación do proxecto de adecuación da canle e ordenación de marxes dos ríos Sarria e Celeiro (primeira fase), TM de Sarria (Lugo)

O Convenio que posibilita esta actuación foi rubricado onte entre a CHMS, a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Sarria

O importe das actuacións licitadas supera os 5,2millones de euros.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), licitou por importe de 5.224.097,62 euros o Proxecto de adecuación da canle e marxes dos ríos Sarria e Celeiro (primeira fase), TM de Sarria- Lugo, tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

As actuacións proxectadas foron descritas polo organismo de conca durante o acto da firma do Convenio de colaboración, celebrado onte na Subdelegación do Goberno en Lugo, e consisten fundamentalmente no aumento da capacidade de desaugadoiro do río Sarria, afluente do Miño que atravesa o núcleo urbano de Sarria, para facilitar e conter os caudais de avenida ao seu paso pola zona do dique.

O proxecto poderá ser consultado nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, C/ Curros Enríquez, 4-2º, e na web do organismo www.chminosil.es.

A presentación de ofertas poderá realizarse a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, ata as 14,00 horas do día 17 de xullo de 2013.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.