• imprimir

O presidente da CHMS inaugura o curso sobre Planificación Hidrolóxica que se celebrará esta semana en Ourense

Curso Planificación Hidrológica

25 técnicos das distintas Confederacións Hidrográficas españolas ampliarán os seus coñecementos nesta materia

Curso enmarcado no Acordo de Formación para o emprego das AAPP


Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), inaugurou hoxe o curso sobre La Planificación Hidrológica e a Directiva Marco da Auga que, este ano e por primeira vez, se celebrará en Ourense. No acto de inauguración estivo acompañado por Carlos Ruiz del Portal e por José Angel Rodríguez Cabello, Xefes das Oficinas de Planificación Hidrolóxica das Confederacións do Miño-Sil e do Guadiana, respectivamente.

No marco do Acordo de Formación para o emprego das Administracións Públicas e coa vontade de impulsar e fomentar a formación continua, a promoción da carreira profesional e a adecuación dos perfís profesionais dos empregados públicos ás novas necesidades do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, promoveuse, dende a CHMS a realización do curso "A Planificación Hidrolóxica e a Directiva Marco da Auga".

O obxectivo desta formación tan específica é o achegamento de empregados públicos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ao proceso de planificación hidrolóxica que se realiza en España. Trátase de adquirir unhas nocións claras do que implican os plans hidrolóxicos, os principais fitos do proceso e como se afrontan os aspectos máis destacados para a súa elaboración.

O curso, organizado polo MAGRAMA, celébrase na cidade Das burgas, do 17 ao 19 de xuño de 2013, na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense e os relatores elixidos son profesionais de ampla experiencia no ámbito da planificación hidrolóxica das Universidades Galegas e dos Organismos de conca as Administracións Estatal e Autonómicas.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.