• imprimir

Francisco Marín preside a Comisión de Desencoro da CHMS nas oficinas do pantano de Bárcena

Coa auga embalsada en Barcena e Vilasouto asegúrase a demanda de auga para abastecemento e rego

As obras que a CHMS realizará no Incio garantirán o abastecemento de auga de calidade aos veciños dos núcleos que non dispoñían de auga da traída e que tomaban auga da presa de Vilasouto 

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), celebrou hoxe, en Bárcena, a reunión ordinaria de primavera da Comisión de Desencoro da conca do Miño-Sil, presidida por Francisco Marín, presidente do organismo.

Un dos puntos da orde do día da reunión foi a análise das achegas de auga recibidas polas últimas precipitacións e a súa incidencia nos encoros da conca, así como o volume de reserva destes, concluíndo que os pantanos de Bárcena e Vilasouto dispoñerán de auga embalsada para cubrir todas as demandas de auga para abastecemento e rego nos meses máis secos.

Segundo os datos das estacións de control da conca, o pantano de Bárcena está ao 88,4% cun volume embalsado de 305 Hm3. e o de Vilasouto está ao 95% cun volume embalsado de 19 Hm3. "O ano hidrolóxico está sendo moi húmido con achegas, ata a data, en torno ao 50% superiores ao ano medio", indica Marín.

"Se comparamos a situación actual coa do ano anterior, estamos ante un escenario manifestamente mellor, en marzo de 2012 convocamos unha reunión extraordinaria da Comisión de Desencoro debido á baixo pluviometría rexistrado na campaña hidrolóxica 2011-2012, na que os encoros de Bárcena e Vilasouto se encontraban nunha situación de mínimos históricos, o que presaxiaba que non se poderían satisfacer as demandas de auga para rego, logo a situación mellorou coas chuvias dos meses de abril e maio; este ano a diferenza de nivel é notable e por iso podemos garantir a demanda de abastecemento e rego para os próximos meses", explica o presidente.

 

 Durante o encontro Francisco Marín explicou aos membros da Comisión a problemática de contaminación por cianobacterias e microcistinas que sofre neste momento o encoro de Vilasouto e a solución presentada dende o organismo para que os veciños dispoñan de auga de calidade nos seus domicilios, evitando, en todo momento, riscos para a saúde das persoas.

Formulamos a solución máis rápida para o abastecemento aos núcleos que non dispoñen de conexión á traída do Incio e que se abastecían da auga do encoro, sen tratamento. Realizaremos unha obra de emerxencia mediante a que se conectarán todos os núcleos á rede municipal. O prazo de execución será de aproximadamente 2 meses e por un importe estimado de 100.000 euros, financiados integramente por este organismo de conca," explicou Francisco Marín.

Con esta reunión ordinaria de primavera a CHMS, tal e como prevé o artigo 46 do Regulamento da Administración Pública da Auga e da Planificación Hidrolóxica, cumpre coa obrigatoriedade de celebrar, como mínimo, dúas reunións da Comision de Desembalse ao ano, unha no mes de outubro para a preparación dos programas de enchedura de encoros e outra na primavera seguinte para revisar os anteriores programas á vista dos recursos dispoñibles.

 

 Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.