A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil esixe ao Concello de Ourense que se cumpran os condicionantes da autorización de obra no paseo do Loña
- Detalles
- Venres, 24 Maio 2013
A CHS continúa á espera da proposta que permita autorizar a continuación do paseo do Miño en Untes
En relación ás noticias aparecidas na prensa de hoxe, relacionadas coas actuacións dos paseos do Miño en Untes e do Loña en Mende, Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Medio (MAGRAMA), manifestou a vontade de colaboración do organismo en dar solución aos temas que lle formulen os concellos, se ben, concretamente en ambas as dúas actuacións, polo momento, non se puido chegar a un acordo co Concello de Ourense.
En relación ao paseo de Untes, o organismo de conca encóntrase á espera de recibir unha proposta de modificación de trazado que permita dar continuidade á senda, tal e como acordaron na reunión mantida, fai algo máis dun mes, os técnicos do Concello cos da CHMS.
Por outra parte e no que respecta ao paseo que discorre polo río Loña á altura de Mende, o Concello incumpriu as condicións establecidas na autorización da obra, no tramo onde se encontra unha pasarela de madeira, invadindo o Dominio Público Hidráulico.
Este incumprimento deu lugar á incoación dun expediente sancionador e á obriga de realizar unha modificación do trazado da senda que cumpra a autorización outorgada e, por conseguinte, a lexislación de augas. A data de hoxe estamos á espera de de que o Concello execute as obras necesarias para restituír as obras do tramo afectado, de acordo co autorizado por esta Confederación Hidrográfica.