• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinan o convenio para executar as obras de mellora da drenaxe do río Canedo

O investimento total estímase en catro millóns de euros, cunha achega do MAGRAMA do 80%, a través de fondos europeos, e da Deputación de Pontevedra dun 20%

A recuperación da canle de río e a mellora da capacidade de desaugadoiro son os obxectivos principais desta actuación coa que se resolverá un problema ambiental moi demandado polo Concello

 

13.05.27ConvenioPonteareasA Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinan o convenio para executar as obras de mellora da drenaxe do río Canedo

O presidente da Confederación do Miño-Sil, Francisco Marín, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González, formalizaron hoxe o convenio de colaboración para o financiamento, execución, entrega e formalización da encomenda de xestión das obras de restauración ambiental e mellora da drenaxe no río Canedo ao seu paso polo tramo urbano de Ponteareas, que supoñerán un investimento de catro millóns de euros.

 

No acto, celebrado no Concello de Ponteareas, estiveron acompañados polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores, entre outras autoridades.

 

Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio), deseñou dentro do período 2007-2013, cunha porcentaxe de financiamento do 80% polo organismo de conca e un 20% pola Deputación Provincial de Pontevedra.

 

 
PROXECTO
 

Un dos obxectivos principais do proxecto é a mellora da capacidade de drenaxe do río Canedo na súa zona baixa e ata a desembocadura ao río Tea que, debido á escasa sección hidráulica dos tramos entubados e que non contan co mantemento axeitado, todo iso unido á deterioración ambiental froito da presión urbanística á que estivo sometido este río ao longo dos anos, provocou que a rede de saneamento non funcione correctamente e que se produzan constantes verteduras que afectan á calidade das augas dos ríos Canedo e Tea.

Tamén se realizarán seccións de paso, suficientes para o desaugadoiro dos caudais de avenida independendizando o curso do Canedo da rede de augas fecais, evitando as verteduras de augas residuais á canle e infiltracións do propio río na rede de saneamento, no seu percorrido final.

Por outra parte, acondicionarase a canle, protexeranse ambas as dúas marxes -declaradas como lugar de interese comunitario -LIC-, e se potenciarán as condicións naturais existentes para lograr un bo estado ecolóxico, todo iso co ánimo de evitar as inundacións que se producen en épocas de abundantes chuvias e que afectan á zona urbana de Ponteareas.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.