• imprimir

INFORMACIÓN PÚBLICA DO PLAN DE XESTIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN DE 2º CICLO

As inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo provocaron a perda de vidas humanas e ocasionou custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estruturais senón tamén doutras non estruturais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrolóxico - forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio.

Estas consideracións foron recollidas en normas europeas e estatais como a Directiva 2000/60/CE Marco sobre a auga, a Directiva 2007/60/CE relativa á avaliación e a xestión dos riscos de inundación e o Real Decreto 903/2010.

O Real Decreto 903/2010, do 15 de xullo, de avaliación e xestión riscos de inundacións, establece un marco para a avaliación e xestión dos riscos de inundación, co obxecto de reducir as consecuencias adversas potenciais da inundación para a saúde humana, o medio ambiente, o patrimonio cultural, a actividade económica e as infraestruturas. Desta forma, o referido real decreto regula os procedementos para realizar a avaliación preliminar do risco de inundación, os mapas de perigo e risco, e os plans de xestión dos riscos de inundación en todo o territorio español.

Na actualidade atópase en desenvolvemento a terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación, consistente na elaboración e redacción do Plan de Xestión de Riscos de Inundación de 2º Ciclo, e que ha de integrarse na propia planificación hidrolóxica das correspondentes Demarcacións Hidrográficas.

De acordo co anuncio da Dirección Xeral da Auga do 1 de xuño de 2021 (BOE do 22 de xuño de 2021), iníciase o período de información pública durante tres meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio), da proposta de proxecto de plan de xestión do risco de inundación de 2º ciclo da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil (artigo 13.3 do Real Decreto 903/2010, do 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación) e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20 e 21 Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental) .

Durante o citado prazo, poderanse formular as oportunas observacións e suxerencias dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

PLAN DE XESTIÓN DO RISCO DE INUNDACIÓN DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL

MEMORIA

ANEXOS

ANEXO Nº 1 - Caracterización das ARPSIs

Anexo 1 - Apéndice 1: Metodoloxía aplicada para o cálculo da influencia probable do cambio climático no risco de inundación fluvial e pluvial

Anexo 1 - Apéndice 2: Mapas de risco

ANEXO Nº 2 - Descrición do programa de medidas

Anexo 2 - Apéndice 1: Fichas de medidas de ámbito ARPSI incluídas no Plan

Anexo 2 - Apéndice 2: Resumo do inventario de infraestruturas con insuficiente drenaxe e priorización de necesidades de actuación

Anexo 2 - Apéndice 3: Resumo do inventario de obras lonxitudinais de protección fronte a inundacións

ANEXO Nº3 – Xustificación das medidas estruturais do Plan

ANEXO Nº 4 – Resumo dos procesos de participación, información pública e consultas e os seus resultados

ANEXO Nº 5 – Medidas específicas de coordinación coa parte internacional da Demarcación Hidrográfica

Anexo 5 - Apéndice 1: Acta da XXI reunión plenaria da CADC e programa de traballos conxunto

Anexo 5- Apéndice 2: Borrador de protocolo para o intercambio de información sobre datos hidrometeorológicos para o manexo de situacións extremas baixo o convenio de Albufeira

ANEXO Nº 6 - Listaxe de autoridades competentes

INFORMACIÓN PÚBLICA DO PLAN HIDROLÓXICO DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL

INFORMACIÓN PÚBLICA DO ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO DO PH E PGRI DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL

LIGAZÓNS A FASES PREVIAS DA EVALUCIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN:

FASE I: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DA AVALIACIÓN PRELIMINAR DO RISCOS DE INUNDACIÓN ( EPRI) 2º CICLO, DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. https://www.chminosil.es/es/component/content/article/80- chms/1826- revision-e- actualizacion-de-a- evaluacion-preliminar-do-risco-de- inundacion- epri-2-ciclo

FASE II: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS MAPAS DE PERIGO E RISCO DE INUNDACIÓN ( MAPRI) 2º CICLO, DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. https://www.chminosil.es/es/component/content/article/80- chms/1880- revision-e- actualizacion-de-os-mapas-de-perigo-e-risco-de- inundacion-2-ciclo-de-a-parte- espanola-de-a- demarcacion- hidrografica-do-mino- sil

DÚBIDAS, COMENTARIOS E SUXERENCIAS.

Os interesados poderán formular ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil as súas dúbidas, comentarios e suxerencias sobre os documentos sometidos a consulta pública.

Ademais, co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a dirección electrónica: mapas_zonas_inundables@chminosil.es

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.