• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mondariz asinan un convenio para executar as obras de acondicionamento de marxes no regueiro Aboal

Cun investimento aproximado de 350.000 euros, financiado nun 80% pola CHMS e no 20% restante pola Deputación

O Concello de Mondariz poñerá a disposición da CHMS os terreos necesarios para a execución a obra

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), executará as obras de "Acondicionamento de márgentes no Regueiro Aboal", no termo municipal de Mondariz (Pontevedra), por un importe de 350.000 euros e nun prazo de execución estimado de 12 meses.

Esta mañá, no salón de plenos do Concello de Mondariz, o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzan, o Alcalde de Mondariz, Julio Alén, e o Presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín, asinaron o "Convenio de colaboración" para o financiamento, execución, entrega e formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación das obras de acondicionamento do arrastro Aboal (T.M. de Mondariz- Pontevedra) "
 
Estas actuacións están incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deseñou dentro do período 2007-2013.
 
O proxecto considera as actuacións necesarias para levar a cabo o acondicionamento de marxes do Regueiro Aboal, dende a parroquia de Aboal ata a confluencia co río Tea. O punto de inicio da actuación está situado na poboación de Aboal e desenvólvese nunha lonxitude aproximada de 2,9 km ata a súa confluencia co río Tea.
 
A actuación definida no proxecto está baseada na posta en valor do río, conservando a súa capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural -rede hidrográfica- e así mesmo converténdoo nun elemento canalizador do tempo de recreo da poboación residente que se relaciona socialmente no ámbito do río.
 
O deseño baséase na creación dun espazo lonxitudinal aberto, de uso variado, coa axeitada permeabilidade dende o exterior ao obxecto de poder acceder dende diferentes puntos da localidade ao interior do río.
 
As actuacións proxéctanse con materiais acordes co uso e respectuosos co medio natural no que se enmarca o proxecto.
 
Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.