• imprimir

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio presenta o proxecto da nova estación depuradora de Ourense

A nova EDAR resolverá as deficiencias do actual sistema de depuración, xa que triplicará a capacidade de tratamento da depuradora actual

Requirirá un investimento de 49 millóns de euros, financiados nun 75% polo Ministerio, nun 20% pola Xunta de Galicia e no 5% restante polo Concello de Ourense
 

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) presentou hoxe o proxecto da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, que resolverá as deficiencias existentes no actual sistema de depuración ao triplicar a súa capacidade de tratamento.

A nova estación depuradora, que poderá atender as necesidades de depuración de 350.000 habitantes/equivalentes, terá un custo de 49 millóns de euros, financiados nun 75% polo Ministerio -a través da sociedade estatal Acuanorte e con axuda dos fondos Feder-, nun 20% pola Xunta de Galicia, e no 5% restante polo Concello de Ourense.
 
Ao acto de presentación do proxecto, que se celebrou na Subdelegación do Goberno de Ourense, asistiron, entre outras autoridades, a directora xeral de Acuanorte, Isabel Pérez-Espinosa; o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández; o alcalde da cidade, Agustín Fernández; do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez; o delegado territorial en Ourense de la Xunta, Rogelio Martínez; e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín.
 
A nova estación depuradora, que xogará un papel clave no saneamento e desenvolvemento sostible de Ourense, está incluída no protocolo xeral de colaboración subscrito entre o Goberno de España e a Xunta de Galicia para a "Execución do Plan Nacional de Calidade das Augas: Saneamento e Depuración 2007-2015.
 
O contrato conxunto para a redacción do proxecto, execución das obras e posta en marcha foi adxudicado o pasado mes de decembro á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por S.A. de Obras e Servizos, COPASA-Degremont, S.A.U.-Passavant España, S. A., cun prazo de 6 meses para a redacción do proxecto e de 27 meses para a execución da obra.
 
TECNOLOXÍA VANGARDISTA
 
Tras analizar os factores económicos, ambientais e sociais, o estudo de alternativas determinou que a mellor situación para a nova estación depuradora de Ourense era o espazo contiguo ao que ocupan as actuais instalacións, cuxos problemas estruturais e operativos (falta de capacidade de tratamento, deseños obsoletos, etc.) facían necesaria a construción da nova planta.
 
EDAR Ourense - PresentaciónA nova estación depuradora de Ourense, que tamén inclúe a construción de novos colectores, terá unha capacidade para tratar completamente un caudal de 4.238 m3/h de augas residuais, e contará, tanto na liña de auga coma na liña de lamas, cunha tecnoloxía vangardista.
 
Os obxectivos fundamentais do seu deseño serán centralizar os equipos de tratamento de lamas nun edificio para evitar o trasfego de lamas entre etapas de tratamento, reducir a emisión de olores e de aire a desodorizar, e garantir a accesibilidade ás canalizacións e aos equipos
 
Neste sentido, a estación depuradora de Ourense incorporará para a liña de auga un sistema de decantación lamelar compacta e outro de tratamento biolóxico, así como un proceso de dixestión avanzada de lamas para a liña de lamas.
 
MENOS CONSUMO ENERXÉTICO
 
O deseño e a incorporación de novas tecnoloxías de depuración permitirá que a nova EDAR de Ourense optimice os seus procesos co fin de reducir o seu consumo enerxético. Reducirá tamén a cantidade de biosólidos producidos, valorizará os lamas para que poidan ser reutilizados na agricultura, e reducirá as emisións de olores e os volumes de aire a desodorizar.
 
Unha vez que se poñan en marcha as novas instalacións, demolerase a actual EDAR e procederase ao acondicionamento e revexetación dos terreos nos que se sitúa.
 
Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.