A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de San Cibrao comprométense a continuar coa recuperación do ámbito natural do polígono industrial
- Detalles
- Martes, 19 Febreiro 2013
Investimento aproximado de 180.000 euros, financiado nun 80% pola CHMS, a través de Fondos FEDER, e o 20% restante polo Concello
Con estas actuacións favorécese a rexeneración dun sistema natural nun ambiente urbano e industrial
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o alcalde de San Cibrao dás Viñas, asinan o Convenio de Colaboración para o financiamento, execución, entrega, mantemento e conservación das obras de mellora ambiental das marxes do regueiro do polígono de San Cibrao dás Viñas.
O obxecto destes traballos é a finalización das actuacións de recuperación do ámbito natural do regueiro de San Cibrao, iniciadas e non continuadas no ano 2010. O importe destas non superará o limite de 180.000 €, dos cales, o Concello de San Cibrao financiará o 20% e a CHMS o 80% restante, a través de fondos FEDER. O prazo de execución será de tres meses.
Os traballos que se realizarán consisten en limpezas e acondicionamentos de terreo, a realización dunha senda de paso separada da marxe do río -anchura de 3 metros-, a construción dunha pasarela peonil -9 m. de lonxitude e 2 m. de ancho- en madeira laminada, a demolición de distintas estruturas e a rexeneración do ámbito natural.
Coa rexeneración do ámbito natural recuperarase a orla arbórea propia deste espazo, abundante en número de exemplares, mediante a limpeza e poda dos exemplares existentes e compleméntase, ademais, coa limpeza das marxes e a estabilización con hidrosementeira de especies herbáceas axeitadas. Por último, contémplase a demolición ou desmontaxe dalgúns elementos inadecuados situados na canle ou marxes do regueiro para evitar desbordamentos e avenidas.
Nestes traballos cumprirase escrupulosamente o establecido no Protocolo de actuación para actuacións no medio fluvial con respecto á enfermidade do ameneiro, no que se determinan os condicionantes para a execución dos traballos en ribeiras con amieirais e métodos de desinfección.
"O presente proxecto contribúe á rexeneración dun sistema natural de importante valor pola súa situación nun ambiente urbano e industrial e que na actualidade polas súas condicións de conservación se encontra inaccesible", indica o presidente do Organismo.