• imprimir

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- realiza unha visita institucional aos Concellos de Chantada e Taboada acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo

O abastecemento de auga a estas poboacións, tema central dos encontros

 
Deuse a coñecer os rexedores un proxecto que evitará futuras avidas mediante o acondicionamento de marxes e a estabilización de noiros debilitados 
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, Francisco Marín, realizou esta mañá unha visita institucional aos Concellos de Chantada e Taboada, acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.
 
Ramón Carballo e Francisco Marín foron recibidos polos rexedores de Chantada, Manuel Lorenzo, e de Taboada, Ramiro Moure. Durante os encontros, o Presidente do Organismo de conca deulles traslado da necesidade da regularización das concesións de caudais para o abastecemento de auga a ambos os dous municipios. "É un tema que leva pendente dende hai anos e que é necesario solucionar á maior brevidade. Co ánimo de fomentar e manter as boas prácticas entre administracións, puxémonos á súa disposición para facilitarlles a tramitación, indicándolles os requisitos que deben ter en conta, á vez que nos ofrecemos a solucionarlles calquera dúbida acerca dos trámites a seguir," explica Marín.
 
CHMS visita TaboadaPor outra parte, Marín e Carballo interesáronse polo estado dos tramos urbanos dos ríos que cruzan estas dúas localidades lucenses, co fin de incluílos nun proxecto que está a elaborar o Organismo de conca, e co que se pretenden evitar futuras avenidas e desbordamentos. Para iso, acondicionaranse as marxes e estabilizaranse os noiros debilitados pola auga e o paso do tempo. Este proxecto abranguerá as provincias de Lugo e León e prevese que os traballos comecen no primeiro trimestre do ano 2013. 

 

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.