• imprimir

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- e o Alcalde do Carballiño supervisan os traballos de limpeza e acondicionamento de marxes do río Arenteiro

Estanse a tallar e retiran da canle os ameneiros afectados pola praga do 2009

 A madeira cortada e amoreada poñerase a disposición de Cáritas para a súa distribución entre as familias máis necesitadas

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, realiza unha visita institucional ao concello do Carballiño, coa intención de coñecer, de primeira man, as impresións do rexedor acerca da marcha dos traballos de limpeza e acondicionamento marxes do río Arenteiro, ao seu paso por este municipio.

 As actuacións iniciáronse na ponte medieval da Veiga para 
continuar, augas abaixo, cara á piscifactoría do Carballiño. Estamos a actuar en ambas as dúas marxes do río, cortando e retirando, sobre todo, as árbores secas afectadas pola praga dos ameneiros do ano 2009 - Phythophthora Alni-, ademais de estabilizar os noiros que se esborrallasen pola caída das árbores enfermas" apuntou Marín.
 
O rexedor mostrouse moi satisfeito cos traballos realizados e coa boa marcha destes, e agradeceu ao presidente da CHMS a súa preocupación por este tema que estaba pendente de resolver dende hai tempo.
 

Visita Río ArenteiroPara levar a cabo  estas actuacións de restauración estanse a utilizar técnicas de bioingeniería colocando estacas de salgueiro verde cravadas ao firme e atadas entre se e aos biorrollos para completar a estacada. Para rematar, taparanse e acondicionarán os noiros coa mesma terra extraida e colocarase malla de coco para suxeitar o terreo, consolidando a estabilización co estaquillando de brotes de salgueiro recollidos na zona. Os traballos estanse a realizar, segundo instrucións do Organismo, respectando a vexetación e fauna autóctonas.

 
Por outra parte, ambas as dúas institucións acordaron que a madeira resultante da talla se poñerá a disposición de Cáritas para que poida ser ofrecida, para uso doméstico, ás familias máis necesitadas.

 

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.