
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- conclúe os traballos de recollida de residuos sólidos no río Barbaña
- Detalles
- Martes, 13 Novembro 2012

A concienciación social é a clave para manter limpas as nosas canles fluviais
O Organismo de conca solicita colaboración aos Ourensanos para manter os nosos ríos en bo estado
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, finaliza os traballos de retirada de residuos sólidos urbanos na canle e en ambas as dúas marxes do río Barbaña.

Estas actuacións foron acometidas polo Organismo de conca cunha pequena brigada que se encarga da roza das marxes dos ríos que supoñan risco de avenidas ou inundacións, se ben, neste caso se encargaron da recollida de residuos sólidos urbanos tanto na canle- competencia do Organismo- como nas marxes do río Barbaña - competencia Municipal-.
"Dende este Organismo estase a traballar para intentar dar solución aos problemas que, dende hai anos, vén sufrindo o río Barbaña, tal e como nos solicitan os cidadáns de Ourense, aos que agradecemos a súa colaboración no mantemento dos nosos ríos en bo estado", apunta Marín.