• imprimir

Reunión da Comisión de Desencoro da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS), Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, celebrou hoxe unha reunión ordinaria da Comisión de Desencoro, órgano colexiado ao que lle corresponde deliberar e formular propostas ao presidente do organismo de conca sobre o réxime adecuado de enchedura e baleirado dos encoros e acuíferos, atendendo os dereitos concesionais dos distintos usuarios.

A esta reunión, presidida por Francisco Marín -presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil- asistiron o director técnico, o comisario de augas e o xefe de explotación da CHMS, ademais de representantes de comunidades de regadores, concellos e empresas enerxéticas, por outra parte, o representante do MAGRAMA, delegou o voto no presidente.
 
Atendendo á orde do día da reunión, o xefe de explotación presentou as curvas de nivel dos encoros de Barcena e Vilasouto e, en ambas as dúas, obsérvase unha zona case-plana, debido á escaseza de precipitacións durante os meses de decembro-marzo (ambos os dous incluídos). Os volumes embalsados recupéranse a partir de mediados do mes de abril, ao rexistrarse un período de chuvias de primavera que palian a grave situación de seca invernal.
 
Por último fíxose unha valoración do labor realizado polas Comisións de Seguimento dos Regadíos do Bierzo e Val de Lemos, creadas na reunión de urxencia do pasado mes de marzo para establecer controis sobre os caudais derivados e poder cumprir coa campaña de rego e formadas por persoal de CHMS e Comunidades de Regadores. No caso do Bierzo, a Comisión de Seguimento disolveuse a principios do mes de Maio, ao terse conseguido os volumes de encoro necesarios para cumprir coas demandas na campaña de rego e no caso do Val de Lemos se realizo un seguimento quincenal ao longo de todo o período de rego, despois de finalizar a campaña sen restricións significativas.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.