
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- e o alcalde do Porriño visitan a zona onde se acometerá o proxecto de protección das marxes contra a erosión no río Louro
- Detalles
- Martes, 30 Outubro 2012

Francisco Marín -presidente da CHMS- foi recibido, no Concello do Porriño, polo rexedor -Nelson Santos- e os concelleiros do seu equipo de Goberno
O alcalde do Porriño explicoulle a Marín todas as actuacións realizadas nas inmediacións do paseo do Louro, a última delas, a colocación dunha pasarela peonil paralela á ponte de Las Almendras
rancisco Marín -presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio foi recibido esta mañá polo alcalde do Concello do Porriño -Nelson Santos- e concelleiros do equipo de Goberno, na Casa Consistorial.
Durante o encontro, Santos explicou a Marín a forte aposta pola conservación e mellora do medio realizada polo Goberno local que levou á posta en marcha de diferentes actuacións, algunhas delas en execución e de gran relevancia como son o Sistema de Saneamento do río Louro e a restauración das Gándaras de Budiño. Entre os proxectos máis recentes comentados, está a colocación dunha pasarela peonil nun dos extremos do paseo do Louro, paralelo á ponte de Las Almendras do que o rexedor afirmou que "ao tratarse dun vial moi transitado por vehículos cremos necesario habilitar un paso exclusivo para os peóns e que se abrirá ao público en breve".


Este proxecto supón un investimento duns 200.000 euros, cantidade cofinanciada por ambas as dúas Administracións das que a CHMS achegará un total de 120.000 € financiados a través de Fondos FEDER, asignados dentro do programa operativo Galicia.