• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dá por concluídas as probas de funcionamento do Pozo de Bombeo do Couto

A obra, realizada polo Organismo de conca, forma parte do saneamento a Ourense

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, asinou, o pasado 9 de maio, o Convenio de Colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Ourense para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación das obras da "Mellora do Saneamento de Ourense".

Este Convenio foi un paso previo, necesario para que durante o mes de xuño se licitase a execución das conexións das redes municipais de saneamento á nova rede. Esta obra iniciouse a principio do mes de xullo e estimouse unha duración de 2 meses.

Unha vez realizadas as conexións a principios do mes de agosto púxose en marcha a estación de bombeo do Couto, inicialmente o caudal de auga que chegaba era pouco -proporcional ás conexións realizadas ata esa data- pero, paulatinamente, fóronse incorporando o resto das redes finalizándose o total de conexións na última semana do mes.

Pozo bombeo O CoutoDurante este período, o funcionamento do Bombeo foi correcto, realizáronse todas as probas necesarias para a súa posta en servizo, de acordo co Concello de Ourense e en presenza do persoal de Aquagest, empresa concesionaria do servizo de augas.

Atendendo á estipulación quinta do citado Convenio, o Concello, a día de hoxe, é o responsable do mantemento e conservación das obras de "Mellora do Saneamento de Ourense", incluído, neste conxunto de actuacións, o Bombeo do Couto.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.