• imprimir

O Ministerio comproba cos nenos de Ourense a calidade da auga do río Miño ao seu paso pola cidade nunha xornada lúdico-formativa

 Os rapaces realizaron unha mostraxe da calidade da auga, con kits manuais, onde mediron os distintos parámetros que se utilizan para determinar o óptimo estado do recurso hídrico

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organizou unha xornada lúdico-formativa con nenos de Ourense para mostrarlles os labores de seguimento da calidade das augas e dos ecosistemas fluviais que se levan a cabo no río Miño ao seu paso pola cidade.

A Confederación Hidrográfica do Ministerio organizou esta xornada a petición do Concello de Ourense, dirixida aos nenos e nenas de entre 7 e 12 anos que participan este verán nas actividades ambientais da Aula da Natureza, situada a beiras do río Miño, en Oira.

A actividade consistiu nunha pequena charla participativa, na que se deron a coñecer cales son as principais funcións dunha confederación hidrográfica, así como os labores de seguimento da calidade das augas e dos ecosistemas fluviais que o organismo realiza na conca hidrográfica.

Posteriormente, realizouse unha visita á estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) de Ourense, fronte á pasarela de Oira, onde os rapaces coñeceron como se miden os distintos parámetros que controlan en continuo a calidade da auga neste punto do río Miño.

MOSTRAXE POR PARTE DOS NENOS

Finalmente, os participantes realizaron unha mostraxe da calidade da auga, con kits manuais, onde mediron os distintos parámetros físico-químicos e biolóxicos que se utilizan no estudo da calidade da auga (temperatura, osíxeno disolto, pH, turbidez, macroinvertebrados, etc.).

Esta mostraxe realizouse nun punto específico no río Miño, para obter datos sobre a composición e abundancia de macroinvertebrados que permite o cálculo dun índice multimétrico específico para a avaliación do estado ecolóxico en masas de auga de ríos.

Un sumatorio permite determinar a calidade dos ríos en función da presenza de determinados taxóns de macroinvertebrados, cada uns dos cales ten asignado un valor enteiro entre 1 e 10 segundo os seus requirimentos en canto á calidade das augas nas que viven sexan maiores ou menores. O resultado do índice é o sumatorio das puntuacións dos taxóns presentes no tramo de estudo. Os resultados da mostraxe realizada determinaron un estado moi bo da masa de auga.

Durante a xornada, os nenos, moi participativos, entenderon a necesidade do control das masas de auga e para que serve a colaboración dos cidadáns na calidade deste recurso vital.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.