
A reserva hidráulica española atópase ó 64,4% da súa capacidade total
- Detalles
- Martes, 19 Xuño 2012

A reserva hidráulica española está ó 64,4% da súa capacidade total. Hoxendía conta con 35.773 hm³ de auga embalsada, o que representa unha diminución durante este periodo de -530 hm3 (o -1,0%) con respecto ós níveles da semana anterior, con variacións entre -138 hm³ no Ebro e 16 hm³ en Galicia Costa. As precipitacións foron especialmente abondosas nas concas da Vertiente Atlántica. A máxima volveu a producirse en Vigo con 43,6 mm (43,6 l/m2),. Nesta localidade a pasada semana as precipitacións foron de 39,0 mm (39,0 l/m2).
Ámbitos | Capacidad Total | Año Actual | Año Anterior | Media Última Década |
Galicia Costa | 684 | 514 | 475 | 509 |
Miño-Sil |
3.030 | 2.103 | 1.940 | 2.314 |
Cantábrico |
633 | 552 | 501 | 524 |
Cuencas internas del País Vasco |
21 | 20 | 18 | 19 |
Duero |
7.520 | 4.681 | 6.302 | 5.630 |
Tajo |
11.012 | 5.649 | 7.997 | 6.753 |
Guadiana |
8.635 | 6.133 | 7.684 | 6.025 |
Cuenca Atlántica Andaluza |
1.878 | 1.389 | 1.699 | 1.251 |
Guadalquivir |
8.280 | 5.807 | 7.415 | 4.925 |
Vertiente Atlántica |
41.693 | 27.048 | 34.031 | 27.950 |
Cuenca Mediterránea Andaluza |
1.177 | 723 | 955 | 551 |
Segura |
1.141 | 600 | 804 | 367 |
Júcar |
3.336 | 1.622 | 2.015 | 1.210 |
Ebro |
7.507 | 5.394 | 5.977 | 5.529 |
Cuencas internas de Cataluña |
736 | 586 | 656 | 528 |
Variante Mediterránea |
13.897 | 8.925 | 10.407 | 8.185 |
Total peninsular |
55.590 |
35.773 |
44.438 | 36.135 |
A reserva por ámbitos é: Galicia Costa atópase ó 75,1%; a conca hidrográfica do Miño-Sil ó 69,4%,, a do Cantábrico ó 87,2%; as Concas internas do País Vasco están ó 95,2%. No Duero, a reserva está ó 62,2%. A conca hidrográfica do Tajo sitúase no 51,3%. Tamén se reducen as reservas nas concas do Guadiana (Castilla-La Mancha e Extremadura), que están ó 71,0%; a Conca Atlántica Andaluza, ó 74,0% e a do Guadalquivir, ó 70,1%. A Conca Mediterránea Andaluza está ó 61,4%; a do Segura ó 52,6%, a do Júcar ó 48,6% e a do Ebro descende ate o 71,9%. As Concas internas de Cataluña baixan ate o 79,6%, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.